A mobilidade comeza nas persoas

S1C 

Dende fai aproximadamente tres meses, cando iniciamos o proxecto nesta materia, tiñamos claro que queriamos tratar a mobilidade dende un punto de vista cidadá maioritariamente, é dicir, estudar e analizar se as persoas residen en lugares que conten con todos os servizos, accesos e comunicacións necesarias para ser considerados bos lugares para vivir. Sen esquecer o outro punto do noso proxecto, a mobilidade referida ó concepto de circulación, é dicir, o transporte público e as estradas. Seguir lendo “A mobilidade comeza nas persoas”

O Camiño de Santiago en termos de mobilidade

Álvarez García

O Camiño de Santiago conseguiu grandes doses de popularidade dun tempo a esta parte e, máis se cabe, con motivo do próximo “Xacobeo 2021”. A mobilidade é un concepto moi amplo, polo que é interesante facer un tratamento do percorrido polo que máis peregrinos e, en consecuencia, turistas chegan á cidade de Compostela.

Seguir lendo “O Camiño de Santiago en termos de mobilidade”

O Camiño de Santiago é accesible para a xente con mobilidade reducida

Caneiro Losada Ata fai pouco o Camiño de Santiago era unha ruta complicada para as persoas con mobilidade reducida, pero o seu percorrido xa está comezando a ser accesible para aquelas persoas con discapacidade. Isto é posible grazas á Guía de Accesibilidade do Camiño de Santiago. Na súa elaboración participou a Xunta de Galicia, a Xunta de Castilla e León, a Fundación ONCE e a … Seguir lendo O Camiño de Santiago é accesible para a xente con mobilidade reducida

Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar”

Estévez Ingelmo 

 O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) é o encargado de acoller a centos de pacientes pertencentes á comarca de Santiago. Non obstante, o CHUS ten que facer fronte xornada tras xornada a diversos problemas. O Hospital Clínico amosa grandes deficiencias no plano da mobilidade como a mala conexión existente co rural, os pésimos accesos ó recinto ou a mala localización das prazas reservadas. Seguir lendo “Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar””

O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador

Estévez Ingelmo

Teo, Villestro, Vedra ou Ames son algunhas das poboacións que conforman a área metropolitana de Compostela. Estas localidades do rural amosan certas deficiencias que dificultan o día a día de quen reside nos arredores da capital, sendo así, poucos os motivos que ten a veciñanza destes municipios para residir neles. Por isto mesmo, na segunda reunión do noso círculo respondéronse ás incógnitas que existían en torno a este tema. Seguir lendo “O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador”

O transporte urbano segue sendo precario en Compostela

Álvarez García

Na nosa primeira reunión de círculos tivemos a oportunidade de debater sobre o funcionamento do transporte público de Santiago de Compostela, non só en canto á eficacia do servizo de autobús no centro e arredores da cidade e o nivel de satisfacción das persoas usuarias, senón tamén en canto as propias experiencias vividas polos membros do círculo respecto a este tipo de transporte. Seguir lendo “O transporte urbano segue sendo precario en Compostela”

O casco histórico, un bo lugar para vivir?

Ingelmo Estévez 

Cando pensas na cidade de Santiago é inevitable que non te veña á mente o seu casco histórico. A Praza do Obradoiro, a Catedral, a Praza de Praterías ou o Parador dos Reis Católicos son un pequeno grupo de lugares icónicos que se poden atopar neste emprazamento cheo de historia que, ademais, foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985. Zonas moi concorridas por santiagueses, estudantes e turistas. Polo tanto, podemos dicir que o casco histórico é o principal motor da cidadeSeguir lendo “O casco histórico, un bo lugar para vivir?”

Mobilidade en Santiago de Compostela: Materia pendente?

Trillo Sendón

Santiago de Compostela, capital de Galicia e berce de gran parte da cultura desta comunidade é unha cidade desenvolvida arredor dos ríos Sar e Sarela, que parte dun centro histórico que foi medrando ata chegar ao que hoxe en día podemos apreciar. Unha urbe que precisa atoparse ben comunicada entre as diferentes partes pero, estamos ante unha tarefa pendente? É o sistema de mobilidade o correcto coa maneira na que a cidade está levantada xeograficamente e coas limitacións que presenta? Seguir lendo “Mobilidade en Santiago de Compostela: Materia pendente?”

Mobilidade

Trillo Sendón

Santiago de Compostela, a capital da nosa comunidade autónoma, cada vez medra máis, non só polo número de turistas que chegan cada día, senón pola cantidade de novos habitantes que se asentan tanto no núcleo urbano da cidade como nas proximidades do rural. Pero, ata que punto estas persoas poden suplir as súas necesidades? Contan con todos os servizos necesarios? Existen boas comunicacións? Seguir lendo “Mobilidade”