FARIÑAS TORRES E FREIRE PICÓN
Cafetería Airas Nunes
Cultura e compromiso son dous termos que adoitan ir ligados. E con motivo. Se unha persoa se pon diante da axenda cultural de calquera cidade –tamén de Compostela– halle custar moito atopar un evento no que, directa ou indirectamente, non se aborden temáticas e problemas sociais. Nós non o atopamos.
“Toda a cultura urbana é anticapitalista”, afirma sen dubidalo Pablo Castiñeira, xestor de Vella Escola Cultura Urbana. “Isto vese sobre todo no rap”, onde di que hai moitísima política. “O rap nace para manifestar algo, para protestar, para pedir un cambio”, afirma o dirixente desta asociación. Así o manifestaba tamén a integrante do grupo de rap Tribade nunha entrevista concedida hai un mes a El Periódico de Aragón, antes da súa actuación en Zaragoza, algo no que Castiñeira se apoiaba para construír o seu discurso e co que os demais participantes concordaban. “A arte, en todas as súas expresións, ten a súa orixe na protesta e na reivindicación, por iso é certo que sen a existencia do capitalismo sería ben distinta” afirma Deiviz Kostoya, xornalista e pintor.
O propio Pablo Castiñeira aborda, a raíz disto, dous dos estilos musicais de moda, o trap e o reggaeton: “Tratan moito temas sociais, de barrio, prostitución, drogas…, das desgrazas da xente próxima que non ten recursos”. Xoana Almar, muralista de Cestola na Cachola, comeza a dubidar acerca da definición que achegaba Castiñeira: “Dirías que os contidos dos videoclips de trap ou reggaeton son anticapitalistas? Porque o que amosan non me parece tal cousa”. Pablo Castiñeira continúa alegando que cabe sinalar a división que tomaron o rap e o trap en dúas correntes moi diferenciadas no que ao compromiso social e ao carácter reivindicativo respecta: “por un lado está o que nós chamamos cultura urbana real e por outro a que se deixou levar pola industria, que nós, dende a nosa posición, castigamos moito”. Neste sentido, os integrantes do círculo aseguran non querer apostar, dende os eventos que promoven ou nos que participan, por esta segunda vertente máis comercial e afastada das réplicas sociais e de protesta que realmente defenden. Alicia Groba, cantante, vai máis alá nesta parte máis industrial e mercantil: “agora o que máis vende nestes estilos é teño coches, teño diñeiro e tías en bikini bailando arredor miña”. A pintora Xoana Almar reclama que, a pesar de que se adoitan meter no mesmo saco e dos estigmas aos que Alicia facía referencia, “non todas as letras de reggaeton ou trap son iguais”, pero é consciente de que as realmente reivindicativas e con carga social ou política, son eclipsadas ou relegadas a un segundo plano por culpa da imaxe que xeran aquelas que máis venden.
Porén, na conversa tamén se abordou a relación cultura-compromiso noutros ámbitos, coma o da educación. En referencia a unha noticia de La Voz de Galicia, xorde a labor de concienciación nas aulas. Andy e Elisa, os artistas detrás do dúo musical Willie & Winnie, teñen unha postura tan similar coma escéptica: “Cando eu estaba no instituto tamén se facían este tipo de cousas”, lembra Andy, “e a min pouco me importaban”. Elisa vai máis alá e sinala as eivas que percibe nestas actividades: “Non se fan debates, non se fomenta o pensamento crítico e ó final pídenche que cantes unha canción cunha mensaxe que nin che vén nin che vai. E é un tema importante, pero ó tratalo así os rapaces non lle dan máis relevancia que a de calquera cousa coa que poidan perder clase”. A tamén música Alicia Groba ve preciso matizar que “aínda que ós alumnos non lles dese igual, non cambiaría nada: a foto dos papás e se cadra un artigo no xornal local, pero sen lograr ningún cambio”. Aquí, Elisa redirixe o foco cara o debate: “É que non é un cambio inmediato, son actividades para concienciar. Se se falase, se se debatese, si que cambiaría a educación”.

Outro dos temas máis recorrentes no que ao compromiso do mundo artístico se refire, e porén, un dos máis tratados nas creacións de autor, é o da protección do planeta. O encontro rematou así cunha cuestión para os integrantes do círculo: Son os produtos ecolóxicos unha alternativa respectuosa co medio ambiente? Todos coinciden en que involucrarse en temas de igualdade de xénero, incentivar certas accións ou comprometerse e promover unha mensaxe de igualdade nas túas metodoloxías e proxectos pode ser clave para diferenciarte no mercado. E o mesmo acontece con isto. É necesario que exista ese compromiso social co medio ambiente, e que “non só se transmita visualmente a través dos murais, senón que tamén se faga mediante o emprego deses materiais”, expón Deiviz Kostoya. Non obstante, Pablo Castiñeira recoñece que os produtos ecolóxicos son “máis caros e, ao final, non compensa”. Con todo, tamén sinala outra perspectiva: a que, dende a óptica empresarial, buscaría publicitar estas actitudes de empresa “empregando o marketing para diferenciarte” e, co impacto e as vendas xeradas, amortizar o investimento neses produtos.
A pintura, o muralismo, o baile e a música en todas as súas respectivas modalidades… Todas estas disciplinas edifícanse sobre a sociedade na que nacen. Así pois, mentres as posturas poden oscilar, é innegable a íntima relación que une á cultura co compromiso social, unha suma que conflúe no asunto que nos atinxe: os activismos creativos.
Acción
Queda unha semana para a nosa acción final, que se celebrará finalmente o vindeiro mércores día 23, ás 20:30 horas no Bar Riquela, en pleno casco histórico de Compostela. Honestamente, o noso grupo non pode agardar a compartir con toda a cidade o dialogado nos círculos, así como a mostrar o traballo dos artistas que colaboraron connosco e daqueles que desexen sumarse á causa. Con este evento agardamos atraer artistas novos á vez que nos abrimos á xente non tan interesada, de entrada, no ámbito artístico.
Nesta conversa participaron:
- Xoana Almar, muralista e pintora da cooperativa Cestola na Cachola
- Pablo Castiñeira, breakdancer, xestor e fundador de Vella Escola Cultura Urbana
- Alicia Groba, música
- Deiviz Kostoya, pintor e xornalista
- Andrés Toimil, músico profesional
- Elisa Sánchez, cantante e activista feminista
Ligazóns:
- M. D. (2019, 23 de marzo). Bittah: «Tribade no tendría sentido sin capitalismo». El Periódico de Aragón. Recuperado 16 de abril, 2019, de: https://www.elperiodicodearagon.com/noticias/escenarios/tribade-no-tendria-sentido-sin-capitalismo_1350628.html
- Noticieiro Galego, s. f. (2018, 4 de xuño). A Xunta promove alternativas de ocio xuvenil repectuosas co medio ambiente co proxecto Quero-Eco da Asociación Vella Escola. Noticieiro Galego. Recuperado o 15 de abril de 2019 de https://www.noticieirogalego.com/2018/06/a-xunta-promove-alternativas-de-ocio-xuvenil-repectuosas-co-medio-ambiente-co-proxecto-quero-eco-da-asociacion-vella-escola/
- Tasende, P. (2003, 26 abril). Los alumnos de Cervo protegen el medio ambiente con música. La Voz de Galicia. Recuperado 16 abril, 2019, de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2003/04/26/alumnos-cervo-protegen-medio-ambiente-musica/0003_1634664.htm
GARCÍA FERNÁNDEZ
Estou da acordo, a cultura e o compromiso van sempre ligados. Todo o cultural ten un trasfondo moi profundo de compromiso social. Pero tamén é certo que este compromiso social se vai perdendo cada vez máis. Os artistas, xeralizando moito, o que pretenden é facerse famosos e ricos, por iso á gran maioría non lles importa nun momento dado, deixar o seu arte de lado e volverse máis mainstream, é dicir, máis aptos para ás masas, co fin de vender máis.
Non todos os artistas fan isto, é certo. Hai moitos outros que son fieis ao seu arte e que non cambiarían co fin de volverse famosos ou gañar máis diñeiro. Para min isto é ser un artista. Un artista é aquela persoa que fai arte coa finalidade de expresarse, aquela persoa que se expresa bailando, pintando ou cantando aquelas cousas que se lle pasen pola cabeza e que lles nacen do alma. Isto é o que significa o arte para min.
Pero na actualidade hai moita xente que non entende este concepto, si o arte é moi subxectivo e cada persoa ten o seu propio concepto. Pero nestes momentos chegamos ao punto de que xa non hai filtros. Antes o arte era algo exclusivo duns poucos, só certas persoas podían acceder a el. Pero agora o arte está aberto a todo o mundo.
É o bo do mainstream. Todo tipo de persoas, de todas as clases sociais poden acceder de forma fácil ao arte. E a calquera tipo de arte. Entón, a miña pregunta é, son o mainstream, a cultura e a sociedade de masas, boas para o desenvolvemento do arte, ou non?
LIGAZÓNS:
– Cervantes, S., & Lastres, E. (s.f.). El compromiso social y el arte. La Verdad. Recuperado 19 abril, 2019, de: https://www.laverdad.es/alicante/prensa/20101105/opinion/compromiso-social-arte-20101105.html
– Colaboradores de Wikipedia. (2019, 19 marzo). Mainstream. Recuperado 19 abril, 2019, de: https://es.wikipedia.org/wiki/Mainstream
– ¿Qué es y cómo funciona el mainstream? DicZionario [Publicación en un blog]. (2015, 19 agosto). Recuperado 19 abril, 2019, de: https://blogginzenith.zenithmedia.es/que-es-y-como-funciona-el-mainstream-diczionario/
GústameGústame
É certo, como dis, que o compromiso dos artistas é algo que non se atopa en gran parte da comunidade (se é que existe unha comunidade como tal no arte) hoxe en día. Mais, se cadra, esta visión está coartada polos lugares culturais onde buscamos esta conciencia. Arte é, por exemplo, a literatura. É realmente complicado atopar escritores que non tomen inclinacións tanto na súa vida coma na súa labor artística, mesmo algúns, coma Suso de Toro, téñense afiliado e participado activamente en partidos políticos. Tamén o compromiso social é moi recurrente noutras disciplinas artísticas, coma a pintura ou mesmo a música.
Coa música precisamente está moi relacionado o termo que mencionas, o mainstream. A apertura da arte, o abaratamento e o fácil acceso á produción artística son sen dúbida feitos moi beneficiosos tanto para a arte como para o compromiso social inherente. Porén, o mainstream supón un novo paradigma, dado que está firmemente controlado por grandes discográficas e produtoras con intereses que van moito máis alá da calidade artística dos creadores. A acumulación de capital destas empresas reorienta os seus intereses facendo que repudien certo tipo de mensaxes. Non hai Roger’s Waters emerxentes por isto. Desta forma, atopámonos con que un dos grupos de rap máis prolíficos e mellor valorados da música española está nunha discográfica menor, Boa Música, con capacidades e cifras de facturación moito menores que as Sony, Universal… Todo por preservar a súa liberdade na mensaxe, que xa condiciona, por exemplo, a aparición dalgún dos seus temas en plataformas de streaming coma Spotify.
Así pois, calquera corrente que achegue a cultura ó público xeral é beneficiosa, mais cando o control non reside nin nos creadores nin nos consumidores, o compromiso social ten enormes limitacións.
LIGAZÓNS
Boa Música. (2017, 11 julio). Nosotros. Recuperado 24 abril, 2019, de http://boamusica.com/nosotros/
De Toro, S. (2019, 30 enero). Por que afiliarse? Por que o BNG? Recuperado 24 abril, 2019, de https://www.sermosgaliza.gal/opinion/suso-de-toro/por-que-afiliarse-por-que-o-bng/20190129112546075543.html
Redacción | La Voz de Galicia. (2008, 26 julio). «A arte ten que ter un discurso de compromiso coa sociedade». Recuperado 24 abril, 2019, de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2008/07/26/arte-ten-ter-discurso-compromiso-coa-sociedade/0003_7013101.htm
Salgado, D. (2019, 9 febrero). O fundador de Pink Floyd Roger Waters chama a “parar o golpe de Trump en Venezuela”. Recuperado 24 abril, 2019, de https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/fundador-pink-floyd-roger-waters-chama-parar-golpe-trump-venezuela/20190205115841075747.html
GústameGústame
GARCÍA FERNÁNDEZ
Coincido na túa exposición. É certo que moitos artistas debido ao control dos poderosos, no caso dos músicos as discográficas, no caso do audiovisual as produtoras, e aos contratos abusivos que lles fan firmar os mesmos teñen que renunciar ao seu compromiso social e cambiar o produto final do seu arte.
Alfredo Costa Monteiro, un artista visual de Barcelona, opina que unha obra de arte ten sempre un sentido político, e que o artista ten dous camiños posibles, conformarse, venderse, ou apostar por ir a un lugar máis creativo e auténtico, é dicir, afondar no seu interior e expresar aquilo que senten máis a fondo no alma.
Esta segunda vía é a que eu vexo como arte, sen desprezar a aqueles artistas que aceptan sucumbir a aquilo que ten máis probabilidades de éxito, eu penso que o arte de verdade, é a miña opinión persoal, é aquel que o artista expresa sen presións e sen segundas intencións, simplemente porque o sente así. E pode ser que ás veces o que quere dicir ou expresar coincida cos intereses dos “xefes”, pero se nos momentos no que isto non é así o artista é fiel ao seus principios e se mantén nas súas trece para min vai ter moito máis valor a súa obra que a obra daquel que cambia o seu parecer segundo lle mandan as correntes dominantes.
Quizais é unha visión un pouco romántica de máis do arte, pero é o que a min me ensinaron a apreciar. Ana Hernando no seu blog, explica a súa visión do arte, coa cal coincido.
LIGAZÓNS:
– El compromiso y la revolución en el arte y la cultura – Cooperativa Integral Catalana [Publicación en un blog]. (2014, 13 mayo). Recuperado 25 abril, 2019, de https://cooperativa.cat/es/el-compromiso-y-la-revolucion-en-el-arte-y-la-cultura/
– Hernando, A. (2017, 6 marzo). El sentido del ARTE [Publicación en un blog]. Recuperado 25 abril, 2019, de https://anahernando.com/el-sentido-del-arte/
– Sánchez Martínez, J. A., & Gómez Hernández, J. A. (2013, 8 diciembre). Práctica artística y políticas culturales: Algunas propuestas desde la universidad [Libro online]. Recuperado 25 abril, 2019, de http://libros.um.es/editum/catalog/view/981/1601/1141-1
GústameGústame
Coincido plenamente contigo na apreciación da arte comprometida, na percepción máis romántica, aínda que si é certo e debemos recoñecer que a arte non só se rexe e cualifica pola conciencia social con que se leve a cabo.
Por unha banda, persoalmente considero que debemos ampliar a análise cando falamos do compromiso social na cultura. É dicir, non é suficiente con discernir se un artista está comprometido ou non. Distinguir o ambiente, o estilo e o ecosistema que rodea as diferentes modalidades é chave para comprender onde está e ata onde pode penetrar esta conciencia nasdiferentes correntes. Volvendo ó mainstream, é inevitable poñer o ollo no trap, un novo xénero que semella carente de calquera trazo do activismo inherente ó seu xénero matriz, o rap.
Por outra banda, paréceme especialmente relevante sinalar que moitas correntes ou submundos culturais teñen o seu propio mainstream. Por exemplo, no ska español termos coma conciencia de clase son case omnipresentes, catalizados sobre todo a partir de grupos como Ska-P ou La Raíz.
É un tema sen dúbida moi profundo e que merece unha análise de moito método.
LIGAZÓNS
Almodóvar, A. (2017, 21 febrero). La Raíz, música crítica con conciencia de clase. Recuperado 25 abril, 2019, de https://www.laizquierdadiario.com/La-Raiz-musica-critica-con-conciencia-de-clase
Martínez, L. (2014, 24 mayo). “La escena musical tiene que recuperar la conciencia de clase” – Confederación Nacional del Trabajo. Recuperado 25 abril, 2019, de https://www.cnt.es/noticias/la-escena-musical-tiene-que-recuperar-la-conciencia-de-clase/
Tinta Roja. (2017, 25 marzo). Trap ¿La voz de los barrios? Erotizar lo precario. La clase obrera como mono de feria. Recuperado 25 abril, 2019, de http://www.tintaroja.es/cultura/1602-trap-ila-voz-de-los-barrios-erotizar-lo-precario-la-clase-obrera-como-mono-de-feria
GústameGústame
MOURO NEGREIRA
Concordo en que case todas as manifestacións artísticas teñen unha connotación de compromiso coa sociedade. Como xa mencionabades noutros posts, arte e activismo van case sempre da man. No entanto, non estou tan de acordo con outra parte do que sinalan algúns dos membros do voso círculo. Para comezar, “trap” é un termo do argot estadounidense nacido en Atlanta nos 90 que fai referencia á venda ilegal de drogas ou ao lugar onde se venden. Polo tanto, estamos a falar dunha especie de “cultura” propia dos suburbios do sur de Estados Unidos. A partir de aí naceu o que hoxe coñecemos como un subxénero do hip-hop ou rap americano. Tendo en conta a verdadeira orixe deste tipo de música, podemos comprobar que as letras reflicten con nitidez e fidelidade o que os rapeiros americanos viven: un ambiente moi hostil, onde todos teñen armas dende nenos, venden drogas para gañarse a vida… Dende este punto de vista, é comprensible que moitos destes artistas traten temas máis “capitalistas” nas súas cancións, xa que conseguiron gañar moito diñeiro e deixar atrás esa vida nos suburbios.
Pablo Castiñeira fai referencia a que os artistas de “trap” son aqueles rapeiros que se “venderon” á industria musical cando, realmente, o “trap” como estilo musical é un reflexo dunha cultura en si mesmo. Non se pode confundir o estilo hip-hop ou rap de artistas como Drake, Kendrick Lamar ou J. Cole coas letras máis relacionadas con ese ambiente de drogas e armas de 21 Savage ou Kodak Black. Pola súa banda, coincido con Xoana Almar en que os videoclips e as letras deste xénero non son para nada anticapitalistas. Pero isto non ten por que verse como algo negativo. Rescato un pequeno parágrafo dun texto escrito na páxina “Noisey”, o apartado musical de “Vice”: “¿Es uno de los pocos ejemplos bonitos de cómo funciona el capitalismo? No lo sé, pero sí sé que morenos empresarios libres que conquistaron el mundo a través de canciones es casi como mujeres indígenas en la presidencia de México. No gusta a nivel sistémico”.
É dicir, que esa comunidade americana que padeceu (e segue padecendo) condutas racistas e xenófobas sexa quen de saír dese ambiente e converter o seu nome nunha marca internacional por medio da música é algo admirable, máis alá de que a xente poida estar máis ou menos de acordo cos temas que tratan as súas cancións.
Ligazóns:
Colaboradores de Wikipedia (actualizado 22 de marzo de 2019). Trap (música). Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://es.wikipedia.org/wiki/Trap_(música)
DÁVALOS, Fell (22 de febreiro de 2018). ¿Cuál es la diferencia entre trap y hip-hop? Noisey, Vice. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://noisey.vice.com/es/article/evmm84/cual-es-la-diferencia-entre-trap-y-hip-hop
LÓPEZ, Pablo. La filosofía detrás del trap, ¿por qué lo feo está de moda? Binary Magazine. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://binarymag.es/filosofia/la-filosofia-detras-del-trap-por-que-lo-feo-esta-de-moda/
GústameGústame
GESTO ROMERO
Concordo coas ideas expostas e coa reflexión acerca do xénero trap, máis cabe ter presente a realidade da primeira idea do post, que describe a este xénero como algo que se desligou parcialmente do anticapitalismo, máis alá de toda a cultura e toda a carga que leva as súas letras e os seus ritmos. É certo que o trap en ningún momento é unha corrente anticapitalista pura e de natureza, xa que a súa temática basease nas vivencias, no ego e o factor ideolóxico do propio autor sobre ela, máis moitas veces toma un valor principalmente reivindicativo, que procede, coma tantas outras cousas da cultura trap, do ambiente no que se desenrolou hip-hop e os cyphers.
O caso é que este valor reivindicativo desligouse do imaxinario colectivo con respecto a este estilo principalmente pola viralización desta corrente nos EUA, que pouco a pouco foi extendéndose polo mundo ata convertirse nun fenómeno de masas. Ademais, nun contexto histórico-social coma o das redes sociais e no que a viralidade é un elemento tan común non puido ter mellor ocasión para irrumpir no panorama musical e cultural de todo o mundo. Non obstante, se este foi o principal beneficiario tamén o levou a caer no que sinalei ao principio do párrafo: o trap acabou enviando achegas del a xéneros coma o pop ou o reggaeton, que adaptou os seus ritmos, maniatado polos intereses das discográficas e tratando de adaptarse ao mainstream do momento. Ao marxe desa cultura inicial agora calquera fai trap cun incentivo económico, e perde no camiño as raíces nas que nace e o que define á cultura -máis ca o xénero, obviamente-.
Con isto tampouco quero dicir que no xénero trap non se faga alarde do éxito, ou que nese proceso se perda a carga reivindicativa, pero o certo é que cada vez xorden máis e máis artistas que lonxanos a unha experiencia tráxica ou a un círculo que o leve a facer música do seu ambiente marxinal únense á movida co fin de facer cartos. Actividade que moitas discográficas aproveitan para ofrecelo coma un producto, e que este producto aproveita para facer cartos con traballos que non trascenden máis aló dun ritmo pegadizo ou unha letra agresiva.
Ao final, tanto no rap coma no trap, existe tamén un valor narrativo, de testemuña dun ambiente, que ofrece ao ouvinte e á sociedade unha perspectiva máis do mundo, unha forma de pensar, un feito inxusto ou como afrontar unha emoción, máis alá da imaxe e do merchandising que a industria lles etiqueta para ter éxito.
Ligazóns:
HUETE, Francisco Javier (19 de septiembre de 2017). Trap: de los suburbios al éxito de masas. El Salto Diario. Recuperado o 24 de abril de: https://www.elsaltodiario.com/musica/trap-de-los-suburbios-al-exito-de-masas
JABOIS, Manuel. (25 de enero de 2018) ¿Qué es y qué pretende el ‘trap’? El País. Recuperado o 24 de abril de: https://elpais.com/cultura/2017/06/17/actualidad/1497721450_630219.html
GARCÍA CANCLINI, Néstor (1998) Cultura y comunicación. Segunda Parte: La ciudad y los ciudadanos imaginados por los medios. Introducción La ciudad y los medios: Imaginarios del espectáculo y la participación. DF: Grijalbo. Pp. 19-25
GústameGústame
Certo é, como ti dis, que moitos dos artistas deste xénero se están desligando das raíces das que proveñen por mor dos cartos que as grandes empresas musicais lles ofrecen. Mais, no caso dos artistas máis grandes, non creo que isto afecte. Xente que xa ten un nome no mundo da música urbana, do trap, do hip-hop ou do rap non vai a cambiar nin o seu estilo nin as súas letras por varios millóns de euros. A quen si lles está afectando isto é ás novas xeracións. Artistas, sobre todo latinos, están comezando a copiar rasgos dese estilo nacido en Atlanta porque é o que está de moda. Non obstante, a metade deles non viviron nada do que cantan e, como sinala Alicia Groba, tan só buscan presumir de cartos, mulleres, coches e roupa axudados cunha base de hip-hop ou trap atractiva. O mesmo ocorre coa nova xeración de rapeiros americanos, coñecidos como “SoundCloud rappers” porque se fixeron famosos a través desa plataforma. As cancións destes artistas caracterízanse polas letras sinxelas sobre tópicos como os cartos, acompañados dos “ad-libs” (onomatopeas ou expresións redundantes ou baleiras de contido) propios de cada un.
Realmente é un reflexo moi claro do mundo capitalista no que vivimos. A xente fai o que sexa necesario para gañar cartos e, no mundo da música, o trap está de moda e calquera se pode facer medianamente famoso se ten un bo produtor. Pero non o vexo como algo negativo, máis alá de que poida ou non gustarme. Hoxe en día, eses novos artistas lograron crear o que moitos xa consideran un novo estilo, diferenciado do rap, o trap ou o hip-hop convencionais: o “mumble rap”. A falta de vocalización e contido, o emprego esaxerado de “ad-libs” e “auto-tune” e unha base de trap melódica e con ritmo forman un novo subxénero dentro da música urbana. Todo iso, unido á moda das tatuaxes na cara, a abundancia de xoiería e as vestimentas estrafalarias, conforma unha cultura diferente, da nova escola.
En definitiva, cada un pode opinar sobre este estilo que se está volvendo viral a través das redes sociais, pero non se pode negar que estes novos artistas saben o que están facendo. O seu éxito é enorme e xa está sendo imitado aquí, en España. Se isto é unha simple moda pasaxeira ou un estilo que perdure no tempo e que será recordado co paso dos anos non se sabe. Pero esta será a cultura musical de moitos adolescentes de hoxe en día.
Ligazóns:
TEFFER, Matt (31 de agosto do 2018). SoundCloud rappers: this is who your teens are listening to. Financial Review. Recuperado o 24 de abril de 2019 de: https://www.afr.com/lifestyle/arts-and-entertainment/music/soundcloud-rappers-this-is-who-your-teens-are-listening-to-20180809-h13r3p
Heabbi (9 de xaneiro do 2018). ¿Qué es el Mumble Rap? ¡Nosotros te lo explicamos! Heabbi. Recuperado o 24 de abril de 2019 de: https://heabbi.com/que-es-el-mumble-rap
mn2s (25 de xaneiro de 2018). The evolution: What is Mumble Rap? mn2s. Recuperado o 24 de abril de 2019 de: https://mn2s.com/news/features/mumble-rap/
GústameGústame
GESTO ROMERO
Certo é dende logo que pese a chegar ao mainstream este estilo -no tocante aos seus expoñentes máis plenos- non afectou en demasía ou alterou o valor e os rasgos que presenta. Como xa dixen, máis ben foi xerando correntes subalternas e arrastrando parte das modas anteriores a este novo boom por mero proceso adaptativo e polo incentivo económico.
Saíndo un pouco do tema do trap, o subtema de fondo e sobre o conflicto que se xera entre arte e capitalismo, sobre todo cando o primeiro deles deixa de lado coma prioridade a súa faceta transgresora e activista. Non obstante, tamén hemos de pensar na adaptación da arte e das distintas manifestacións do mundo moderno ao sistema capitalista, xa que nun pasado o arte e o mainstream pertencía propiamente ás elites e agora é o colectivo social o que conta con suficiente forza de transformar un estilo na corrente principal e facelo un producto de masas.
O propio arte a día de hoxe ademais dunha manifestación e indudable que é unha empresa, e neses dous campos e innegable que o exemplo do trap triunfou, coma un estilo que moitas veces está capitaneado polo ego dos seus artistas e a pomposidade das súas fortunas coma obxecto a celebrar. Isto, contemplado dende esta perspectiva capitalista é completamente lóxico e incluso motivo de admiración, máis como ti dis, tamén se debe valorar a quen con talento chega alto e a quen estando alto aproveita para facer ver ao mundo o seu talento. Debemos tamén, tendo en conta o contexto no que vivimos, romper unha lanza en favor do activismo que existe actualmente no cume, máis alá do seu valor coma moda.
Ligazóns:
WOODS, Alan (18 de maio de 2018). El capitalismo y el arte. Recuperado o 25 de abril de 2019 de: https://www.marxist.com/el-capitalismo-y-el-arte.htm
GJIK, Lorena (25 de xullo de 2017) El arte en el capitalismo: ¿Potenciales mercancías? La Izquierda Diario. Recuperado o 25 de abril de 2019 de: https://www.laizquierdadiario.cl/El-Arte-en-el-capitalismo-Potenciales-mercancias
GústameGústame