Óscar Rodil: “Ao empresario non lle interesa baixar os prezos, prefire en moitas ocasións tirar os produtos…”

Óscar Rodil. Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Falamos con Óscar Rodil, doutor en Ciencias económicas e profesor do Grao en Economía na Universidade de Santiago de Compostela.

A sobreprodución, como concepto económico, pódese definir como o nivel de produción que está por enriba da demanda de bens e servizos que require o mercado. Este fenómeno está motivado polas propias dinámicas do sistema capitalista, descoordinado dende o punto de vista empresarial xa que non existe unha planificación previa do que se debe producir.

O principal obxectivo das empresas sempre é o mesmo, maximizar os beneficios. Desta maneira prodúcese unha excedencia na produción, é unha característica lóxica do sistema que desemboca nunha serie de consecuencias que afectan a sociedade e o medio ambiente.

A poboación está pouco sensibilizada?

Si, salvo algúns casos particulares hai moi pouca concienciación nos hábitos de consumo. En moitos casos é por falta de capacidade de gasto, o consumismo ten diferentes niveis e non todos temos o mesmo afán. Os medios de comunicación e as campañas de publicidade son as primeiras que venden este estilo de vida, as modas son un exemplo de que persiste un consumismo a nivel global.

Percibe unha falta de información sobre o tema?

Ese problema non lle preocupa ao individuo nin ás empresas. Ao empresario non lle interesa baixar os prezos, prefiren en moitos casos tirar os produtos antes que levalos ao mercado a mellor prezo ou darllos a colectivos desfavorecidos.

Non chega información porque non interesa que se traslade, en ocasións os medios de comunicación fan documentais e demais, pero a nivel de educación non se fala de este tipo de temas con información e datos concretos, senón de maneira moi superficial.

Aumentou a pandemia a fenda da sobreproducción?

Máis que aumentar, fixoa máis visible. A clara baixada na demanda de produtos durante o confinamento obrigou a moitas empresas a parar pola falta de transporte e demais.

A sobreprodución quedou visible, coma se baixara a marea, todos os problemas de produción trasládanse en cadea debido a como está plantexado o sistema. O móbil que se produce en Vigo leva unha batería feita en China ou Estonia, de maneira que os problemas se manifestan de xeito global ao estar a produción formada por cadeas globais. O problema da sobreprodución seguía aí, non é que se agravase, agora era máis visible.

Por que as empresas que se adican ao sector alimenticio non están dispostas a doar alimentos ás organizacións que colaboran contra a fame?

Porque o seu interese é o económico e levar a cabo esas accións podería traer consigo problemas de xestión. Se te pos no lugar da empresa que vende alimentos vas plantexar esta cuestión dende o enfoque económico: se eu dono alimentos a unha ONG afectará as miñas vendas? Eles fanse esta pregunta e é moi probable que verdadeiramente lles poida afectar, sexa polas razóns que sexa.

A propia lóxica do sistema, no capitalismo se se producen mercadorías é para véndelas, non para regalalas. Vai en contra da propia natureza inherente do sistema, non se ve da mesma maneira dende o punto de vista empresarial, todo ten un prezo e debe ser comercializado.

Eu creo que se trata máis da solidariedade das persoas, dos propios empresarios como individuo, pero non queren poñer en xogo os seus intereses económicos.

Hai entón intereses económicos que non deixan doar eses alimentos?

Á propia empresa non lle interesa doar e, se o fai, é de maneira moi puntual e cunha gran publicidade. Trátase de poñer todo nunha balanza e facer unha análise de custo/beneficio, pois os alimentos teñen un custo moi grande.

A lóxica que segue o empresario capitalista sempre é a mesma, o que se pode facer é disfrazala. Detrás dunha campaña de doazón hai seguramente un interese comercial, de publicidade ou imaxe; se a lóxica da empresa lle indica que iso non é beneficioso non o vai facer, apelan en todo caso á solidariedade individual das persoas. Cando ti donas algo nun supermercado por exemplo, é algo que sae de ti, o único do que se encarga a empresa é de canalizalo a quen sexa (isto non quita que sexa un papel moi importante de todas maneiras).

O capital nunca actúa con criterios de solidariedade, sempre hai unha cara B da que non nos decatamos. As campañas de publicidade e marketing son moi valiosas, o feito de que unha cadea de alimentación apareza nun medio de comunicación por doar alimentos ten un gran valor de mercado, non se fai a custo 0. En moitas ocasións isto se disfraza do que se denomina como responsabilidade social corporativa e outras denominacións, pero unha empresa non vai ser nunca unha ONG.

A autoxestión dos bancos de alimentos é efectiva ou precísase dun intermediario encargado de levar a cabo a xestión dos bancos de alimentos?

Eu entendo que é unha intermediación entre o individuo (a sociedade civil) e estas persoas que o están pasando mal, é o eslabón que hai no medio. A desconfianza sempre existe nos seres humanos, todos sabemos de casos de corrupción e demais, pero hai que confiar neste tipo de organizacións que cumpren unha labor social esencial.

Eso si, isto non quita que non haxa mecanismos de supervisión ou control que sempre está ben cando se manexan certa cantidade de recursos e se xoga con situacións tan sensibles. Non falo dun elemento intermediario máis, canta máis larga é a cadea ás veces é peor, pero si dun mecanismo de control por parte do Estado que actúe da maneira proactiva.

A sobreprodución pode derivar nunha crise debido á gran cantidade de alimentos almacenados?

Realmente, como explicaba Marx, sobreprodución e subconsumo son dúas manifestacións moi parecidas na práctica aínda que as causas son diferentes. A evolución da sociedade occidental, dende a implantación do capitalismo, vén sobrepasando unha serie de crisis cíclicas que teñen que ver coa propia dinámica do sistema. Unha vez esas crises pasan, veñen épocas de recuperación; as grandes crises están no fondo impulsadas por este tipo de fenómenos que son cosubstanciais ao sistema. A evolución da economía cíclica débese ás crises de sobreprodución e consumo.

A baixada dos prezos e a maior accesibilidade aos productos non podería ser unha solución?

A primeira vista parece que si, pero estaríamos rompendo coa propia lóxica do sistema que é a maximización dos beneficios. Isto podería traer consigo graves consecuencias negativas para o desenvolvemento da empresa capitalista, unicamente se podería dar en situacións a moi curto prazo ou de emerxencia, tendo consecuencias moi graves de todas maneiras. Se os prezos veñen dados de fóra, o beneficio xa non é o que lle interesa á empresa e mudan as calidades na produción.

Fontes:

Óscar Rodil. Profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela

EFE. (12 de septiembre de 2016). La sobreproducción de alimentos, un grave riesgo para el planeta. La Voz De Galicia. Recuperado el 15 de marzo de 2021, de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/09/12/sobreproduccion-alimentos-grave-riesgo-planeta/0003_201609G12P23996.htm

EFE. (27 de febrero de 2017). La sobreproducción de alimentos lleva a malgastar recursos, según experto. Recuperado el 15 de marzo de 2021, de https://www.eldiario.es/economia/sobreproduccion-alimentos-malgastar-recursos-experto_1_3553755.html

Eldiarioclm.es. (12 de marzo de 2021). Eldiario.es. CECAP, una de las entidades distinguidas por sus buenas prácticas en materia de consumo. Castilla-La Mancha, España. Recuperado el 15 de marzo de 2021, de https://www.eldiario.es/castilla-la-mancha/capaces-de-todo/cecap-entidades-distinguidas-buenas-practicas-materia-consumo_132_7300959.html

Minue. (10 de diciembre de 2012). Directo al paladar. ¿Cómo funcionan los bancos de alimentos? Recuperado el 15 de marzo de 2021, de https://www.directoalpaladar.com/salud/como-funcionan-los-bancos-de-alimentos

Daniel Pereira (Coordinación E Difusión)

Carlos Ramirez (Actividades)

Diego Real (Edición)

Raúl Villamarín (Edición)

2 comentarios en “Óscar Rodil: “Ao empresario non lle interesa baixar os prezos, prefire en moitas ocasións tirar os produtos…”

  1. Moi completa a publicación, tocando o funcionamento do sistema capitalista e o porqué non hai doazóns a coste cero ou tamén o papel dos bancos de alimentos, a supervisión, etc.

    A min quédame máis a dúbida de se o problema de maior peso é a produción por encima do necesario ou unha produción de produtos que non necesitamos en detretimento dos que si son necesarios, é dicir, se o o maior problema é a cantidade ou o que e como o producimos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.