1 de maio: Día do Traballo

S2C

Este sábado, 1 de maio, celébrase o Día do Traballo en practicamente todo o mundo. Unha xornada moi reivindicativa e piar fundamental do movemento obreiro durante a Revolución Industrial. 

El día internacional de los trabajadores y sus orígenes anarquistas

Trátase dun día festivo no noso país, e en moitos outros, nos que se celebran dende hai décadas, concentracións e manifestacións multitudinarias. Nestes actos os traballadores dan visiblidade as súas reivindicacións en materia laboral. A pesares de que este ano non se poderán realizar marchas masivas os sindicatos si que convocaron manifestacións e actos restrinxidos e con todas as medias sanitarias. 

As opinións dos traballadores en relación coa súa visión do Día do Traballo é bastante dispar. Para Begoña Buján, traballadora dunha empresa de transportes “é un día festivo máis. “Si é certo que opino que o sistema laboral necesita cambios e por suposto apoio as reivindicacións que buscan unas mellores condicións dos traballadores, pero non fago nada especial o 1 de maio. Ainda así, agradezo as persoas que saen as rúas para reclamar melloras”. 

En cambio, Eva Rivas, traballadora social, si que participou alguna vez nas concentracións do 1 de maio, aínda que este ano non asistirá por mor da situación, seguirá loitando dende a casa. “É necesario dende o meu punto de vista un día para recordar todos os avances que se levan facendo e tamén para fixar novas melloras. Pero si é certo que as veces todo queda ahí, nun día sen máis. O Día do Traballo é unha boa forma de xerar debate, porque dende logo non todos os traballadores apoiarán as mesmas medidas pero pese a todo hai que poñer este debate enriba da mesa para coñecer a súa opinión. E sobretodo continuar as reivindicacións todos os días. 

A xornada laboral de oito horas que hoxe coñecemos ten a súa orixe nesta data que declarou festiva o Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional en 1889. En 1889 a Segunda Internacional determinaría no seu congreso celebrado en París que o 1 de maio se dedicara aos traballadores, unha celebración que se mantén ata a actualidade.

Precisamente, a idea era render homenaxe a un grupo de sindicalistas norteamericanos (Os mártires de Chicago) que foron condenados por participar na folga que comezou o 1 de maio de 1886 na capital do Estado de Illinois. A folga  durou tres días, ata o 4 de maio, data na que se produxo a Revolta de Haymarket na que detiveron a tres obreiros e cinco foron levados á forca. O motivo da presencia de organizacións laborais e sindicais nas rúas non era outro que reclamar e esixir unha xornada laboral de oito horas que a patronal non cumpría, a pesar de que a Lei Ingersoll a recoñecía. A folga acabou con miles de traballadores despedidos e feridos, unha gran maioría inmigrantes procedentes de Europa. Este acontecemento marcou o inicio desta festa que hoxe coñecemos e que se instaurou en case todos os países. 

Entre as principais reivindicacións promovidas polos sindicatos destaca a insistencia en por en marcha a reforma laboral prometida polo Goberno. Entre as accións solicitadas destaca a modificación do sistema de pensións para ganantizalas, promover una lei de igualdade salarial ou combater a alta taxa de paro xuvenil. Tamén reformar o sistema actual de contratación, que como dixo Roberto Bande na anterior publicación “é demasiado ríxido.  Por exemplo, existe un número excesivo de tipos de contrato, que favorece a precariedade, a través da temporalidade”. 

Aarón González Fernández e Alba López Buján (fontes), Marta García Pérez e Andrea López Ramos (edición), Marta Penedo Custodio (revisión ortográfica e formal, edición e fotos)

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.