A etapa universitaria: máis alá dun título

OTERO OTERO

Centro sociocultural José Saramago

O ambiente universitario, ademais de supoñer un contexto de aprendizaxe, tamén constitúe un universo relacional no que os estudantes aumentan o seu capital social. Un dos métodos de atopar novos vínculos é o botellón. Ígor Mella, bolseiro de Pedagoxía da facultade de Ciencias da Educación na USC, opinaba sobre esta nova: “Eu penso que se lle está dando moito bombo agora a algo que está tendo moita menos transcendencia da que tiña hai anos”. Ademais, recalcaba que “as noticias que máis triunfan son as máis estúpidas”. “Pode ser que se lle este dando moito bombo, porque cando saes á rúa un xoves non se ve tanto botellón”, postulaba Laura Rubio, estudante de Dereito, mostrando a súa aprobación coas declaracións de Ígor. Seguir lendo “A etapa universitaria: máis alá dun título”