Ficha S3A Mobilidades Urbanas e Rurais

Presentación Somos os integrantes do grupo de Mobilidades Urbana e Rural do Observatorio Cidadán de Comunicación. De esquerda a dereita: Jorge Riveiro Pose (Axenda), Patricia Orozco Lago (Difusión), Juan Manuel Prieto Arosa (Diálogo), Estefanía Santamarina Vázquez (Acción), Iago Salgado López (Coordinación e Deseño) e Vanessa Touceda Anello (Edición). A mobilidade en Santiago: carreira de obstáculos Abordaremos a temática da mobilidade en Compostela dende tres puntos de vista: … Seguir lendo Ficha S3A Mobilidades Urbanas e Rurais

Ideoloxía e idade: unha nova ollada

RIAL BREA

Cafetería Recantos

Todos os estudantes xogamos en ocasións a adiviñar a ideoloxía política do profesorado. Moitas veces queremos saber a quen votarán e se militan nalgún partido político determinado. Porén, poucas veces nos preguntamos como afecta a ideoloxía do profesorado na relación que mantén co alumnado. “Eu creo que depende de que rama sexa. Ao mellor nunha carreira de ciencias tampouco inflúe tanto na relación porque nin sequera se dá que saia o tema” dicía Xisela Casal, estudante de Dereito na USC. Seguir lendo “Ideoloxía e idade: unha nova ollada”

O desafío da precariedade na xuventude

SOUTULLO DOMÍNGUEZ

Confederación ANPAS Galegas

A precariedade no mundo laboral é unha das principais preocupacións da mocidade. A incerteza de que pasará cando rematen os estudos, se atoparán traballo naquilo para o que están cualificados ou incluso se poderán vivir no seu país son algúns dos pensamentos dunha xuventude que medrou nunha crise que parece non ter fin. A precariedade está aínda máis presente na mocidade que necesita emprego para costearse os seus estudos.

Seguir lendo “O desafío da precariedade na xuventude”

Ficha S3C Mocidade e Comunicación

Presentación O noso grupo de traballo tratará o tema de Mocidade e Comunicación. Empezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Sandra Rivadulla Llerafo (Axenda), Adrián Vázquez Paredes (Coordinación e deseño), Gerardo Veiga de Bartolomé (Difusión), Nerea Soutullo Domínguez (Diálogo), Julia Octavio de Toledo de Miguel (Edición) e Uxía Miranda Martínez (Acción). O noso obxectivo será analizar o tratamento actual que recibe a … Seguir lendo Ficha S3C Mocidade e Comunicación

A necesaria reordenación social

GARCÍA FERNÁNDEZ, GARCÍA ROCA E GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

Biblioteca Ánxel Casal

Nos últimos tempos son moitas as formacións políticas que incluíron nos seus programas medidas orientadas á muller co argumento de mellorar a situación do colectivo. Os medios de comunicación xogan un papel importante á hora de difundir estes discursos, que xeralmente chegan ó público mesturados coa opinión do activismo feminista. Neste encontro falamos de feminismo e política coas nosas colaboradoras, afondando no discurso e na linguaxe inclusiva. Seguir lendo “A necesaria reordenación social”

Ficha S1A LGTBI

Presentación Nós somos o grupo que analizará como é o tratamento do colectivo LGTBI nos medios de comunicación. De esquerda a dereita na fotografía, somos: Lucía Eiras (Acción), Daniel Bernardo (Coordinación e Deseño), Ángela Bellón (Axenda), Fátima Castro (Edición), Marila Deus (Difusión) e Raquel Blanco (Diálogo). O noso obxectivo é tratar este asunto desde varios puntos de vista, cubrindo toda a diversidade que ten este colectivo. Hai … Seguir lendo Ficha S1A LGTBI

Ficha S3B Bens Relacionais

Presentación O noso grupo será o responsable do tema de bens relacionais, centrado nas relacións entre os universitarios e universitarias nas facultades de Ciencias Sociais e Humanas. De pé, de esquerda a dereita, atópase Román Varela Cores (encargado dos labores de difusión), ao seu lado Brandán Otero Otero (encargado de acción), á súa esquerda Marta Ojea Gutiérrez (encargada de axenda). Sentados, de esquerda a dereita, … Seguir lendo Ficha S3B Bens Relacionais

Ficha S2B Muller e Comunicación

Presentación Ola! Somos Nuria González (coordinación e deseño), Miriam García (axenda), Marcos Ferrín (difusión), Ánxela Jorge (edición), Alejandra García (acción) e Amanda Fernández (diálogo) e imos abordar a muller e a súa incidencia nos medios de comunicación. Pretendemos afondar sobre o seu papel atendendo a unha tripla vertente: a figura da muller como movemento político e construtora social, o espazo ofertado dentro dos diversos espazos … Seguir lendo Ficha S2B Muller e Comunicación