III congreso escolar pola igualdade no IES Maruxa Mallo de Ordes, chega tarde pero non defrauda

S2B

O instituto Maruxa Mallo leva moitos anos promovendo a educación pola igualdade, e este congreso é o resultado desa traxectoria.

O alumnado do IES Maruxa Mallo no acto de clausura
O alumnado do IES Maruxa Mallo no acto de clausura do III Congreso pola Igualdade. Fotografía cedida polo profesorado do IES Maruxa Mallo
Un percorrido pola igualdade que culminou co I Congreso

O nome do instituto, IES Maruxa Mallo, é o punto de partida de todas as iniciativas pola igualdade postas en marcha polo profesorado deste centro; de feito, como lembra Sabela Arias (profesora de Educación Plástica, Visual e Auuiovisual), orixinariamente o nome era IES Nº2 de Ordes. “A escolla do nome de Maruxa Mallo tivo como obxectivo visibilizar a unha artista, de grande importancia, pero descoñecida por moitos polo simple feito de ser muller”.

A mesma Sabela explicaba que hai dez anos un pequeno grupo de profesoras e profesores, entre os que se atopaba ela mesma, decidiu pór en marcha unha iniciativa de carácter feminista que consistía na distribución mensual entre o alumnado dun “calendario de mulleres”: “en cada día dese mes había unha referencia a algunha muller, ben polo seu aniversario, ben porque destacara por algo ese día. Tamén ese mesmo ano decidimos celebrar nas aulas datas destacadas como o 25N -Día para a Eliminación da Violencia de Xénero- ou o 8M -Día da Muller-“.

Un ano despois, ese mesmo grupo de docentes propuxo ao claustro que o centro celebrase o día da muller oficialmente, o que o director, José Manuel Dopazo, entende que foi “un avance moi importante na implementación de políticas de igualdade no centro”. Esta iniciativa foi aceptada e durante 5 anos celebrouse ese día no instituto por medio de actividades nas que o alumnado sempre era un receptor pasivo; o centro reproducía películas, realizábanse conferencias ou activiades organizadas pola cruz vermella, polo CIM de Ordes ou por outras ONGs. Durante eses cinco anos comenzáronse a exteriorizar actividades conmemorativas relacionadas con 25N e o 8M, nas que cada vez participaban máis alumnas.

Hai catro anos unha serie de factores levaron a pór en marcha a idea orixinal de celebrar un primeiro Congreso Escolar pola Igualdade.

O Congreso Escolar pola Igualdade

A celebración do I Congreso, comentábanos Alfredo Iglesias (profesor de Historia), partiu de dúas premisas fundamentais. “A primeira era que o alumnado non podía participar pasivamente nas actividades senón que tiña que ser protagonista, participando activamente; de aí o nome de Congreso Escolar”. Que se entende por protagonismo no congreso? “A pesar de que hai unha man organizadora detrás, promoveuse a participación do alumnado tanto na presentación de actividades diversas (relatorios, obras de teatro, dramatizacións, coloquios…) e na propia organización do congreso aportando ideas orixinais”.

A segunda premisa era que ese congreso necesitaría publicidade exterior, porque ésa “era unha forma de que o alumnado revalorizase todo o seu esforzo na organización do congreso”.

Performance do alumnado no I Congreso como denuncia aos feminicidios
Performance do alumnado no I Congreso como denuncia aos feminicidios. Fotografía cedida polo profesorado do IES Maruxa Mallo

“Viron que tiña trascendencia fóra do instituto –saíron na prensa, viñan autoridades a inauguralo…- e entenderon que non era unha cousa académica senón que se estaba a facer unha labor importante para a sociedade”.

Os contidos recollidos no congreso son transversais, tratan aspectos da historia do feminismo, relacións interpersoais tóxicas, micromachismos, relatos LGTBI+… coa intención de que o alumnado aprenda, porque como di Charo Fernández (unha das docentes organizadoras do congreso) “aínda que é importante que quede bonito, o máis importante é que o alumnado aprenda facendo”.

III Congreso Escolar pola Igualdade

Este ano 2021 celebrouse o III Congreso o 26 de marzo, case 20 días despois do 8M porque como apunta Susana Méndez (profesora e organizadora do congreso), ese día a maioría das alumnas estaban de folga. Polas circunstancias sanitarias realizouse nun formato algo diferente aos congresos anteriores, facendo convivir actividades virtuais cunha pequena actividade presencial. O alumnado para este congreso gravou os seus relatorios, as súas dramatizacións e as súas obras de teatro en vídeos que se pasaron nas diferentes aulas ao longo da mañá. Ao mesmo tempo, na explanada exterior do instituto un grupo de 20 alumnas representaron unha pequena perfomance titulada En memoria das mulleres loitadoras.

A clausura do congreso, debido ás circunstancias tan especiais nas que se celebrou, consistiu nun pequeno acto presidido pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ordes, no que participaron os docentes organizadores, o director do centro e as alumnas protagonistas da performance.

Susana López Abella (secretaria xeral de igualdade) insistiu no compromiso da Xunta na consolidación dun sistema educativo coa igualdade como un dos seus piares máis fortes e felicitou ás estudantes do Maruxa Mallo pola sua labor, polo seu compromiso e pola súa valentía dando voz ás mulleres que non a teñen ou que foron silenciadas.

Susana López Abella clausurando o III Congreso Escolar polas Igualdades
Susana López Abella clausurando o III Congreso Escolar polas Igualdades. Fotografía cedida polo profesorado do IES Maruxa Mallo

Ademais, cumprindo cun dos obxectivos principais do Congreso, algúns dos maiores xornais de Galicia, como La Voz de Galicia ou El Correo Gallego, e algúns da comarca de Ordes, fixéronse eco da noticia, así como as páxinas web da Secretaría Xeral da Igualdade e do Concello de Ordes

Nesta publicación participaron: Nadia Iglesias e Aitana Martínez (redacción e edición do texto), Adriel Mateo (maquetación e publicación), Diego Muíños (cámara e vídeo)

Un comentario en “III congreso escolar pola igualdade no IES Maruxa Mallo de Ordes, chega tarde pero non defrauda

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.