O descoñecemento pode acabar coa ensinanza do rural

Mestres, pais e alumnos loitan xuntos para que a ensinanza nas zonas rurais non desapareza

“Ojalá todas las familias pudieran optar a tener una escuela unitaria cerca de sus casas” Julia Prados 

Para esta última publicación contamos coa participación de Julia, nai de dous nenos que estudaron na escola unitaria de Bemantes; Emilia Naya, directora e profesora na escola unitaria de Bemantes; Carla Casal, ex-alumna da unitaria de Bastavales e Rosa M. Barreiro, profesora da unitaria de Brantuas e directora dos CRA de Galicia. 

Todas elas comparten unha mesma opinión, a importancia de defender as escolas do rural para que non se poidan ver prexudicadas no futuro, para que este tipo de ensinanza non se perda. 

Ante as carencias do modelo de educación das unitarias Julia Prados Váquez, nai de dous nenos da Unitaria de Bemantes considera que se lle debería dar moita máis visibilidade e apoio por parte das institucións, e que esta sería unha vía para que non se pecharan tantas escolas como está a suceder. Os recursos de comedor e transporte poderían ser un problema dende o seu punto de vista dependendo da situación familiar e das súas necesidades. 

“A mi me parece un lujo que existan este tipo de escuelas y que cubran las necesidades de padres que non tienen recursos para llevarlos más lejos o pagar más” Julia Prados

 “Mucha gente asocia que son pocos niños o que están mezclados a que van a socializar menos y que las relaciones personales van a ser peores por ser menos niños”  Julia Prados

Alumnos da escola unitaria de Brantuas xogando e interactuado todos xuntos, sen importar o rango de idade . Foto realizada por: Grupo S3B

Moitos destes prexuízos proceden do descoñecemento e da ignorancia, Julia explicaba que a día de hoxe visitas unha unitaria e quedas marabillado do avanzadas que están e dos recursos que teñen. Recomenda este modelo de educación sempre que as familias poidan cadrar os seus horarios e busquen unha educación moito máis individualizada. Para ela un dos maiores beneficios é que os maiores aprendan dos pequenos e viceversa e ademais explicaba que ao ser un número tan reducido de nenos a educación non é tan lineal senón que se adaptan moito mellor ao ritmo individual do neno e as súas necesidades. 

“En un colegio normal no tienes acceso al aire libre ni a las miles de actividades que realizan, un colegio normal puede hacer eso en una excursión y ellos lo tienen en el día a día” Julia Prados

A situación que vivimos coa pandemia non foi un inconvinte para a Unitaria de Bemantes. Toma de temperatura e desinfección de mans na entrada, purificadores de aire nas aulas e incluso un servizo do profesorado a maiores que se encargan de desinfectar os aseos entre cada neno. Na reunión de inicio de curso, Julia comentaba que se tentou que todos os nenos usaran a máscara, aínda que por obrigación só fosen os maiores de 6 anos. Fixeron periodos de proba para ver se os máis pequenos toleraban as máscaras e foi todo un éxito aínda que teñen momentos onde se lles permite quitala, como cando merendan ao aire libre no campo. 

Como todas as fontes consultadas Julia destaca o contacto coa natureza como un dos aspectos de maior rendemento na educación das unitarias. 

“Yo creo en la educación de las unitarias y en su modelo de educación pero me temo que desgraciadamente por desconocimiento y falta de recursos o ayudas acabarán desapareciendo” Julia Prados

Considera que os medios de comunicación non se interesan pola problemática das escolas unitarias e que non reciben o apoio suficiente para poder recibir axudas tanto a nivel local como nacional. Moitas das unitarias dos arredores de Bemantes pecharon aínda que se recolleron moitas firmas dos veciños da aldea. Finalmente non foi posible mantelas. 

Emilia, como profesora da unitaria citada anteriormente, Bemantes, recomenda en tan grande medida a educación nas unitarias que ata para a súa filla buscou este tipo de centros. Lamenta incluso que non se poida seguir con este tipo de educación nos seguintes niveis do curso escolar.

Recomenda esta educación a familias que pretendan estar implicadas có centro e se buscan unha atención máis personalizada. Un contacto máis estreito cós profesores e tamén cás familias. Ela defíneo como:

 “Una continuación de la casa por el ambiente familiar y cercano” Emilia Naya

A mestra, Rosa, axuda a cada neno de maneira individualizada, sobre todo aos máis maiores que pasarán para o curso que vén a primaria. Foto realizada por: Grupo S3B

Ademais, en canto á adaptación dos pequenos ao ambiente da clase, que ás veces se fai máis complicado nun colexio con tanta xente, di que nas unitarias este proceso pode facilitarse moito, polo trato e polo contacto. 

Chegan buscando horarios máis flexibles, pedagoxías máis activas, achegamento das familias ao colexio. Tamén, educación máis afectiva e emocional.

“Son las grandes desconocidas” Emilia Naya

Comenta que moitas veces se dan a coñecer as unitarias polo boca a boca. As institucións non pensan excesivamente niso, en dar a coñecer esta realidade. Habería que publicitar máis este tipo de educación. Emilia comenta que dende o seu punto de vista en Galicia hai unha idea de que o rural non é bo. Vas ao País Vasco ou a zonas de Cataluña e iso non pasa.

“Yo creo que el problema está en que mucha gente no conoce cómo funcionan las unitarias. Es una pena, con lo que bien que se está haciendo aquí en Galicia” Emilia Naya

Tamén comenta que as redes sociais son unha boa ferramenta para dar visibilidade pero que a forza tería que recaer nas institucións.

“Tamén sería unha moi boa iniciativa que o proceso de dar visibilidade ás unitarias comezara nas facultades. Ofertar prácticas nestas escolas por exemplo” Emilia Naya

En canto ao futuro das unitarias, Emilia cree que a súa supervivencia depende en parte da zona na que estén. Comenta que se están nunha zona despoboada, sen xente nova, a súa continuidade periga.

Para Carla Casal, ex-alumna da Unitaria de Bastavales, no Concello de Brión, as unitarias son un piar fundamental da educación, especialmente en sitios como Galicia, coa poboación tan dispersa e con tanto rural. 

“De non existir as escolas unitarias, moitos rapaces terían moitísimas dificultades para ter unha educación infantil de calidade” Carla Casal

Destaca delas a súa proximidade xeográfica pois para moitos rapaces que viven no mesmo lugar ca ela, a escola convencional quedáballes demasiado lonxe a pesar de ser no mesmo concello. Pero sobre todo destaca, como todas as persoas ás que entrevistamos para levar a cabo este proxecto, a proximidade persoal. Ao ter menos alumnos a atención aos rapaces é mais personalizada e, ademais, establécense vínculos que van máis alá da pura educación. 

A maioría das persoas que estudaron os seus primeiros anos nunha escola unitaria están contentos co feito de educarse alí e non cambiarían o seu pasado para acudir a un centro convencional. Carla afirmou que garda bos recordos e que aínda ten contacto e mesmo unha relación moi próxima coa maioría de xente que coñeceu alí, incluso cos mestres. Por iso, se tivera que escoller o centro no que os seus fillos se educasen, sería unha unitaria. 

Malia todo isto, si que recoñece que este tipo de escolas teñen algún que outro problema estrutural, e destaca, sobre todo, o problema do transporte. Aínda que para ela a situación xeográfica da súa unitaria era moi favorable, recoñece que tiña bastantes compañeiros que tiñan dificultades para poder ir, especialmente se os seus pais traballaban ou non tiñan coche propio. 

Rosa Barreiro, mestra da unitaria de Brantuas considera que, coa situación actual na que vivimos, a escola rural está situada nun medio perfecto xa que está rodeada por ríos, campos e sitios que son á súa vez contidos educativos permanentes. A xente que está nas escolas rurais vese obrigada moitas veces a traballar moito máis por riba do que é polas condicións nas que se atopa porque non teñen conserxe e porque moitas veces falta apoio externo.

Os nenos da escola de Brantuas dedícanlle a primeira parte da mañá á súa horta. Foto realizada por: Grupo S3B

“Contamos cunha comunidade educativa marabillosa que vai todos os días á escola, que comparten moito máis que un saúdo e que uns aos outros se enriquecen” Rosa M. Barreiro

“A colaboración é super estreita, aprécianse entre todos e están no camiño de encontrar unha educación ideal, sempre mellorable”  Rosa M. Barreiro

A educación ten que cambiar porque os tempos evolucionan e as escolas teñen que irse adaptando a estas circunstancias.  Dinos tamén que para a administración é moito máis económico ter unha escola rural que un CEIP.

Estas escolas teñen que ser atendidas polos Concellos porque non gastan eles cartos nin en calefacción, nin en reparacións e polo tanto temos que loitar dende estas escolas para que os Concellos as manteñan en condicións” Rosa M. Barreiro

Por outra banda, aquí o profesorado está moi implicado, integrado, coordinado e participan en multitude de proxectos. 

“A motivación é o elemento troncal das aulas” Rosa M. Barreiro

Estas son pequenas casas, espazos creados por todos, nenos e profesores, para vivir esas cinco horas do día da maneira máis feliz posible e aprender todos xuntos motivados. Dinos que é moi importante que os rapaces teñan gusto por aprender. 

“Por favor, defendamos a vida rural. A escola rural é necesaria” Rosa M. Barreiro

Esta peza foi composta por Antía Sacedón (coordinadora, falou con Rosa Barreiro), Carla Varela (actividades, redacción da peza), Violeta Silva (edición, falou con Carla Casal), Zaira Piñeiro (edición, falou con Julia Prados) e Ángela Río Rey (difusión, falou con Emilia Naya).

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.