RIVADULLA LLERAFO E SOUTULLO DOMÍNGUEZ
Confederación ANPAS Galegas
Na actualidade os medios de comunicación non lle confiren a todas as noticias a mesma importancia. Réxense a partir da denominada axenda setting, o que lles permite establecer xerarquicamente os temas máis relevantes e dos que en consecuencia, falará a sociedade. En boca de Donald Shaw, teórico do concepto xunto con Maxwell McCombs (1987): “A xente tende a incluír ou a excluír dos seus propios coñecementos o que os medios inclúen ou exclúen do seu propio contido”.
Referíndonos á mocidade como colectivo de certa vulnerabilidade, o xuízo de valor que se faga vai variar en función da perspectiva dende a que analice a situación. Afrontando o concepto de precariedade referido á realidade social e económica. Fernando Lacaci, presidente da FANPAS Compostela, achega: “[a precariedade] é o contrario da seguridade. E se falamos de precariedade en economía é unha situación de indefensión”. Miguel Cancio, sociólogo, corrobora o seu razoamento explicando: “a precariedade significa inseguridade, fraxilidade… no que estamos tratando de medir, significa que non é un emprego estable, seguro, nin fixo; senón que é temporal e que engadido a un salario máis baixo, aporta todas as inseguridades”.
Non obstante, cando os medios de comunicación empregan este termo falando da mocidade só se fai dende un punto de vista económico, como se pode ver nesta nova de La Opinión Coruña (20/02/2019). Laura Cereijo, delegada sindical de CCOO, concorda con esta visión e afonda máis que Fernando e Miguel apuntando: “A precariedade é algo que normalmente se asocia a traballo, pero vai moito máis alá. Afecta a todas as partes da túa vida. Coa precariedade non vives, sobrevives. A día de hoxe, a precariedade non é estacional senón que pasa a ser permanente; polo que se precariza a vida, non só o traballo”. Xesús Vilas, coordinador do centro xuvenil Don Bosco, coincidindo nesta evolución temporal ao longo das xeracións, narraba a súa propia experiencia: ‘‘Eu cando comecei a traballar o meu primeiro soldo non me daba para pagar os meus gastos. Eu sabía que esa situación sería temporal. A precariedade que existe nestes momentos xa é unha precariedade de sistema’’. Asemade, todos coinciden en que a precariedade é un reflexo da situación actual da xuventude que se atopa inmersa no mundo laboral.
Por outra banda, Agustín Iralde, camareiro e estudante, considera que a precariedade vén dun modelo educativo errado: “Xente moza que nin aspira nin ten o sangue de formarse ou de buscar traballo. Cren que viven tranquilos, pero viven mal. É ignorancia que pode ser froito dunha mala educación”. Miguel, xeneralizando na situación, ía máis aló: “España é un estado errado porque a pesar desta transición exemplar agora mesmo temos un paro xuvenil moi elevado. Cos másters e todo iso, agora estúdase máis de 15 años. Como é posible? Iso é un fracaso total. Hai que ser máis humildes e pensar no Estado e nos que o forman, de maneira solidaria para cambiar iso”. Xesús Vilas, en cambio, plasmábase máis pragmático na súa proposta: “realmente este é un problema moi complexo e non se está intentando abordar dende a súa raíz”. “Nas clases non se fala do futuro nin do que nos podemos encontrar fóra”, afirmaba á súa vez Aida Fernández, estudante de Pedagoxía.
De acordo co Instituto Galego de Estatística o abandono educativo temperán na poboación galega entre 18 e 24 anos decreceu case un 40% dende o ano 2010 ata o 2018. Paralelamente este grupo de idade segue sendo proclive a un descenso dentro da poboación activa. Esta nova, recentemente publicada en La Voz de Galicia (9/03/2019) reflicte dun xeito peculiar esta situación. Fernando Lacaci, manifestaba de xeito contundente a súa apreciación: “Eu lin está noticia cando saíu e non vou dicir o que penso dos seus protagonistas. Nesta noticia preséntase a noticia coma uns puñeteros jetas. Isto é unha campaña, como todas as que fai La Voz de Galicia, a prol do poder, que trata de debuxar que todo funciona moi ben. É lamentable que exista este xornalismo tan paniguado, onde o único que se quere é manter esa utopía feliz na sociedade”.
Seguindo nesta liña, Laura mostraba o seu descontento coa prensa a nivel nacional: “A xente nova adícase ó que se debe adicar, estudar ou emprender a súa primeira experiencia no mundo laboral. Iso que se nos vende dos ninis é falso, unha tapadeira de medios e poderes para ocultar o problema real da precariedade, o desemprego, poucas expectativas, etc. A maioría da xente nova se non está estudando é porque está buscando traballo. A prensa maltrata a mocidade, non se pasan o día tirados na calle. Moitas veces non se traballa no por non querer, senón por no poder”.
Finalmente Xesús mantíñase en contra do tratamento que fan os medios de comunicación reafirmando que “hai un punto de populismo barato que ás veces fan os xornalistas para vender a noticia. Digamos que se trata dunha reportaxe de corte lixeira, non un estudo socióloxico. Moitas veces máis pensado para que digamos ‘‘¡anda mira!’’, e que a xente debata despois no bar, que non para facer un retrato perfecto dunha etapa da vida que é dura e nefasta”.
En definitiva, todos conclúen en que a mocidade atravesa tempos difíciles e a difusión que se promove non é imparcial nin se axusta á realidade. Cómpre dicir que se necesitan medidas e garantías para mellorar a inserción xuvenil no mercado laboral ou polo contrario, a situación seguirá sendo precaria, inestable e sen dereitos.
A idea para a acción
Todos os integrantes do círculo aceptaron a idea do fanzine. Para ultimar todos os detalles antes da súa realización, faremos unha reunión con eles onde se lles amosará o resultado e pedirémoslles suxestións que poidan mellorar a presentación final. É importante que se atopen cómodos co contido do fanzine, xa que a intención é difundilo polas facultades ou pola rúa. Unha vez aprobada a idea, comezaremos a editar as primeiras páxinas. Nas próximas reunións, buscaremos material e pediremos ós colaboradores do círculo que acheguen algunhas ideas.
Conversaron connosco:
Miguel Cancio, sociólogo.
Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela.
Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco.
Laura Cereijo Míguez, licenciada en Dereito e delegada sindical de CCOO.
Aida Fernández Villar, estudante de Pedagoxía.
Agustín Iralde Vera, camareiro e estudante do ciclo medio de impresión gráfica.
Ligazóns:
- Instituto Galego de Estatística. Abandono educativo temperán. Poboación entre 18 e 24 anos (ambos inclusive) que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación (regrada ou non regrada). IGE. Recuperado de: https://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=6527&paxina=001&c=0203002
- Silvosa, N e García, P. (11 de marzo de 2019). Ellas son adolestreinta. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2019/03/09/adolestreinta/0003_201903SY9P8991.htm
- Redacción. (20 de febrero de 2019). Dos de cada diez jóvenes se encuentran en riesgo de pobreza y exclusión social pese a tener trabajo. La Opinión de A Coruña. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2019/02/20/diez-jovenes-encuentran-riesgo-pobreza/1376968.html
GARCÍA ROCA
Sen dúbida a precariedade que vive a xuventude e as novas xeracións é un problema moi preocupante. O noso país atopase mundialmente nos primeiros postos de precariedade laboral que dende a crise do ano 2008 ata hoxe, ven afectando a meirande parte dos menores de 25 anos.
Facendo alusión as palabras do rei Felipe VI no discurso de Nadal “España ten unha débeda pendente cos seus xoves, que non poden construír un proxecto de vida persoal e profesional, que non teñen un traballo nin salarios dignos, nin un lugar adecuado onde vivir, nin poden formar unha familia”. Segundo un recente estudo de Comisións Obreiras profundou na descrición de Felipe VI: traxectorias persoais e laborais inestables e imprevisibles, sempre condicionadas por baixos salarios, insoportables taxas de temporalidade e unha rotación que converte aos mozos en nómades no mercado de traballo: dun sector a outro, de asalariados a autónomos, de vítimas da parcialidade non desexada a falsos bolseiros, con escala imposta no paro ou no estranxeiro, sen horizontes certos nin a menor capacidade de planificar proxectos de vida no medio ou no longo prazo, carentes de seguridade…
Esta débeda que ten o noso país pasa por combater unha precariedade case permanente como ben di a delegada sindical do CCOO, Laura Cereijo, que dificulta que estes podan independizarse e establecerse como persoas economicamente activas, xa que aínda que o número de empregos aumenten non dispoñen de mellores contratos e xeralmente soen ser traballos de temporais e de corta duración. Deste xeito o CCOO activou o pasado 14 de marzo en Ceuta, unha campaña contra a precariedade laboral xuvenil co obxectivo de dar visibilidade e informar sobre as consecuencias deste problema.
Tamén o papel dos medios de comunicación é fundamental, estes adoitan tratar o tema da precariedade dende un punto de vista “publicitario” como di Fernando Lacaci sobre a nova da Voz de Galicia, este é un tema que a prensa debería tratar de xeito máis minucioso.
-Ligazóns:
Día, C. (2019). CCOO activa una campaña contra la precariedad y la temporalidad laboral juvenil. Recuperado de: http://www.ceutaldia.com/articulo/en-comunidad/ccoo-activa-campana-precariedad-temporalidad-laboral-juvenil/20190312124405196511.html
Estefanía, J. (2019). Columna | Los nuevos nómadas. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2018/12/28/opinion/1546013804_523970.html
Renedo, Í. (2019). Por qué mis padres pudieron comprar una casa y tener hijos y yo, no: así son las cosas ahora. Recuperado de: https://cadenaser.com/ser/2019/03/11/economia/1552334073_380176.html
Sánchez-Silva, C. (2019). La maldición de los jóvenes: paro o precariedad. Recuperado de: https://elpais.com/economia/2019/03/07/actualidad/1551989860_005618.html
GústameLiked by 1 person
Como ben dis, o papel que exercen os medios é fundamental. Practicamente poderíamos afirmar que a opinión pública e o tecido cívico dunha sociedade xéranse a partir da difusión da información que fan os MMCC. Asemade esta información non é sempre verídica e ás veces está nesgada pola liña editorial dos mass media. O artigo de opinión de Josep Borrell amosa con firmeza a realidade da esfera mediática española, tratando o fenómeno da desinformación a o perigo que supón para o mantemento da democracia. A continuación adxunto unha cita que reflexa en termos relativos o contido desta publicación: “Na era dixital, a veracidade é a primeira vítima. E se o cidadán non pode distinguir entre o veraz e as fake news, antes chamadas bulos, a democracia gripa.” E é que efectivamente, co auxe de Internet e as RRSS, o xornalismo está sufrindo unha perda considerábel de credibilidade.
En relación ao tema que estamos tratando nesta publicación, a precariedade á que están expostas as novas xeracións, acrecentase se os medios non fan o seu traballo con rigurosidade e precisión. Na actualidade debemos ser conscientes de que detrás de cada nova escóndese un xogo de intereses económicos das elites que manipulan e distorsionan a información. Poño de exemplo unha nova da Voz de Galicia. O obxectivo desta publicación é amosar que un 30 % da mocidade actual non come pescado dúas veces por semana. Sen embargo, a redacción é un auténtico esperpento, contaminada de estereotipos e tópicos que teñen como fin desprestixiar a condición de millenial. Mais se con un tema tan fortuíto como a inxesta de pescado nos mozos o tratamento é este, como será cun tema que requira máis responsabilidade, como a taxa de desprego xuvenil, os baixos salarios ou o índice de abandono escolar? Dubido que moito mellor.
De acordo cos datos que expós España atopase entre os primeiros postos de precariedade laboral dende a crise de 2008. A noticia de Isabel Munera reafirma a tua consideración, e un dato que me resulta rechamante é que de media os menores de 25 anos cobran 11.568 euros anuais mentres que os maiores de 55 case o dobre: 21.621. De xeito que descoñezo en que medida queren que se suplen as pensións, se cada vez os índices de prezo de consumo son máis elevados e os salarios máis baixos. Facendo uso do termo que empregaba Laura Cereijo, igual é que estamos condenados a ser a xeración móbil, escrava da incertidume e da parcialidade laboral.
Ligazóns:
Borrell, J. 26 de febreiro de 2019. La libertad en tiempos de desinformación. El País. Recuperado de https://elpais.com/elpais/2019/02/25/opinion/1551120991_999909.html
Abuín, E. 11 de xuño del 2018. Cómo pescar a un «millennial». La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2018/06/11/pescar-millennial/0003_201806G11P24991.htm
Munera, I. 19 de abril del 2017. Las cifras de la vergüenza del empleo juvenil: paro, bajos salarios y temporalidad. El Mundo. Recuperado de https://www.elmundo.es/economia/macroeconomia/2017/04/19/58f652a3ca4741701c8b460a.html
GústameGústame
GARCÍA ROCA
Como ben ven a dicir Laura Cereijo, igual si que estamos condenados a ser una xeración móbil, escrava da incertidume e da parcialidade laboral. Dende fai décadas as vítimas das peores incertidumes son as xeracións xuvenís. Este chegou a alcanzar niveis moi lamentables nos últimos anos, chegando a alcanzar un 55% durante a crise e rebaixándose ata un 33% na actualidade.
Segundo a empresa Randstad esta Semana Santa crearanse uns 200.000 postos de traballo, un 7% máis ca no ano pasado. Sen embargo, estimase que 9 de cada 10 destes contratos serán precarios, o que sen dúbida é un dato moi preocupante.
Outro aspecto a destacar son os soldos, xa que os ingresos anuais dos mozos oscilan entre os 8.000 e os 16.000 euros anuais, polo que a emancipación destes é case imposible de levar a cabo. En España vanse da casa dos pais o 8% dos mozos entre 20-24 anos, mentres no resto do Unión Europea faio un 30% de media. Cuestión que tamén explica que a taxa de natalidade sexa máis baixa que no resto da Unión.
Tamén o desprestixio que lles dan os millenials non axuda a que esta situación mellore, pero tamén é certo que este desprestixio se ven dando dende moitos anos atrás. As posibles causas disto pasan polo cambio cultural que experimenta a sociedade de xeito continuo, un posible desprestixio da ensinanza e un cambio de referentes por parte deles fronte as antigas xeracións.
Polo que cómpre acabar novas medidas adaptadas á realidade que estamos a vivir neste momento que quizás a longo prazo acaden resultados, logrando rematar co paro xuvenil.
-Ligazóns:
Jiménez, P. (2019). ¿Son los jóvenes de hoy menos listos que los de ayer?. Recuperado de: https://elpais.com/elpais/2016/08/02/buenavida/1470161365_026057.html
Semana Santa un órdago de precariedad laboral y mal pagado. (2019). Recuperado de: https://kaosenlared.net/semana-santa-un-ordago-de-precariedad-laboral-y-mal-pagado/
GústameGústame
O certo é que os prognósticos xogan á nosa contra e isto vese reflexado nos datos estatísticos. Mais a pesar desta desvantaxe en lugar de expor a precariedade á que estamos expostos quizais sería doado buscar solucións. De acordo co neurólogo e psiquiatra austríaco Viktor Frankl: «Cando non somos capaces de cambiar unha situación, encontrámonos ante o desafío de cambiarnos a nos mesmos». Seguindo esta máxima, poderíamos recoñecer os nosos talentos e aptitudes persoais para chegar a empregalos como ferramentas. Traballando a capacidade de decidir autonomamente, liderando procesos de cambio ou focalizando un obxectivo estaremos contribuíndo a un cambio de mentalidade xeracional.
E concordo contigo en que o concepto millenial carga ás súas costas unha inmensidade de estereotipos e imaxes mentais erradas que promoven o seu desprestixio social. Mais como dis, esta desacreditación da mocidade ven dende hai moitos anos. Se nos situamos na Antiga Grecia encontramos a seguinte cita atribuída ao filósofo Sócrates:
«A xuventude de hoxe é maleducada, despreza á autoridade, non respecta aos seus maiores e enredase mentres que debería traballar […]. Contradín aos seus pais, fanfurriñan na sociedade, cruzan as pernas e tiranizan aos seus mestres».
Sen dubida podería confundirse cun texto escrito na actualidade. A diferenza (e iso é polo que deberíamos loitar) radica nas oportunidades laborais que se lles ofrecen a esta etapa xeracional ao longo dos séculos.
Ligazóns:
Frankl, V. (1946). El hombre en busca de sentido. Barcelona, España: Herder. https://www.casadellibro.com/libro-el-hombre-en-busca-de-sentido/9788425432026/2742385
Isla, S. 11 de decembro de 2018. Millennials contra el estereotipo. ABC. Recuperado de https://abcblogs.abc.es/sonajero/vida/millennials-contra-el-estereotipo.html
GústameGústame
TOUCEDA ANELLO
Como podemos ver a precariedade no mundo laboral converteuse nunha inestabilidade estacional. Pero non só no mundo laboral, senón, tamén, na vida en xeral. A precariedade converteuse na amiga dos máis necesitados polo que para evitala moitas asociacións desenvolveron sistemas que axudan ás persoas con mobilidade reducida a conseguir un traballo. En Andalucía xa son 530 persoas con discapacidade que están a traballar baixo o novo sistema de accesibilidade laboral.
Tamén podemos destacar os distintos modelos de inserción laboral das persoas con necesidades especiais. En moitos casos as empresas resérvanse ese famoso 2% que esixe a Lei Xeneral de Discapacidade, pero non o reserva porque realmente queira, senón por cumprir e tentar ter esas vantaxes de carácter económico-legal ou cualitativas.
Ao final a precariedade laboral non só nas persoas con diverdidade funcional, senón no xeral, consiste en poñer etiquetas e deixar que as empresas poidan decidir sobre ti, polo que o principal obxectivo para evitar iso é pelexar polos dereitos laborais e concienciar á xente de que a inclusividade laboral é boa e non só unha especie de premio en forma de cartos que xera beneficios ás empresas.
Ligazóns:
López, C. (17 de marzo de 2019). Por un nuevo modelo de inserción laboral de las personas con discapacidad. El Confidencial. Recuperado de https://blogs.elconfidencial.com/espana/tribuna/2019-03-17/insercion-laboral-personas-discapacidad_1884946/
Marra, A. (25 de marzo de 2019). Ponerse la etiqueta para dejar de etiquetar: la pelea diaria del empleo para las mujeres con discapacidad. Público. Recuperado de https://www.publico.es/sociedad/ponerse-etiqueta-dejar-etiquetar-pelea-diaria-mujeres-discapacidad.html
Redacción (14 de marzo de 2019). Verdiblanca desarrolla un sistema pionero para evitar la precariedad laboral. Teleprensa. Recuperado de https://www.teleprensa.com/almeria/verdiblanca-desarrolla-un-sistema-pionero-para-evitar-la-precariedad-laboral.html
GústameGústame
Certamente a inclusión laboral é unha cuestión ineludible, pero neste contexto sería doado saber a que nos estamos referindo. Ofrecerlle traballo ás persoas con discapacidade non debería ser obxecto de estudo, senón o resultado dunha boa praxe e unha concienciación ética configurada. Máis no que respecta á persoas con problemas de mobilidade, concordo contigo cando dis que as empresas so tentan suplir coa porcentaxe estipulada por intereses de carácter económicos e legais.
Asemade, remitíndome ao Instituto Nacional de Estatística, a actividade no mercado laboral da cidadanía con discapacidade en Galicia, aumentou dende o 2014 máis dun 10%, chegando a ter no ano 2017 un 35,5% de persoas con algunha minusvalía. Polo que a integración social no mercado laboral destes individuos está experimentado un leve crecemento.
Por outra banda, cabe destacar que os MMCC deben manter un tratamento neutral con este colectivo, sen achegar información con connotacións heroicas e sen incidir demasiado no tópico da superación. E finalmente, no que respecta á inserción laboral da mocidade con problemas de adaptación, a pesar do incremento de contratos, continúan atopándose nunha posición de inferioridade á hora de competir por un posto de traballo. Deste xeito e remitíndome ás túas palabras: «A precariedade converteuse na amiga dos máis necesitados».
Ligazóns:
Instituto Nacional de Estadística [INE] 2017. Recuperado de http://www.ine.es
Sotelino, B. 21 de marzo de 2019. Ellos saben cómo encontrar trabajo. La voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2019/03/21/saben-encontrar-trabajo/0003_201903V21C4991.htm
Xirau, M. 9 de maio de 2019. ¿Es importante la inclusión laboral en tu empresa? Forbes. Recuperado de http://forbes.es/business/42450/es-importante-la-inclusion-laboral-en-tu-empresa/
GústameGústame
TOUCEDA ANELLO
Non podemos olvidar que, do total da poboación mundial, un 15% corresponde a persoas con algún tipo de discapacidade. Como ben dis, a integración do colectivo no mercado laboral está experimentando un crecemento, contratándose cada día un maior número de persoas, pero nos seus empregos, en numersosas ocasións, segue habendo discriminación. É imposible ignorar a existencia da brecha salarial nin de dificultades que presentan as novas tecnoloxías da información para este tipo de persoas, que en multitude de situacións, non poden adaptarse a elas porque non son accesibles. Por outra parte, aínda que, si conseguen traballo, é máis dificultoso para eles acceder ao cualificado, atopándose con respecto ao resto de traballadores nunha situación de desventaxa.
As persoas con diversidade funcional traballan, maioritariamente, en Centros Especiais de Emprego. De feito, no ano 2015, dos 95.238 contratos que se formalizaron, 68.613 situábanse nestes centros. Estes espazos adoitan recibir subvencións estatais das que se benefician en numerosas circunstancias, ofrecendo, como mencionamos, condicións precarias aos traballadores, cuns soldos máis baixos que unha persoa sen discapacidade.
Segundo un artigo (7 de agosto de 2018) do periódico ABC, titulado: “7 de cada 10 jóvenes con discapacidad afirma haber sentido discriminación cuando buscaba trabajo”, o 72% dos xóvenes con discapacidade non ten traballo e tampouco se dedica a buscalo. Isto é un feito un tanto preocupante, xa que, en numerosas ocasións, a razón disto é a discriminación que recibiron nalgunha ocasión no ámbito laboral, que os alenta a impedir que a situación se repita, adoptando un rol inactivo na procura de traballo. Creo que non fai falla dicir nada máis cando as contas falan por si soas.
Ligazóns:
Clece (5 de decembro de 2018). Las personas con diversidad funcional reclaman su lugar en el mercado laboral. El Independiente. Recuperado de
https://www.elindependiente.com/economia/trabajo/2018/12/05/las-personas-con-diversidad-funcional-reclaman-su-lugar-en-el-mercado-laboral/
Ocaranza, C., Sánchez, A. y Sandoval, M. (2 de setembro de 2016). CUANDO LA DISCAPACIDAD SE CONVIERTE EN UN NEGOCIO. El Mundo. Recuperado de https://www.elmundo.es/sociedad/2016/08/30/57bf1f7022601db6348b45e7.html
Redacción (7 de agosto de 2018). 7 de cada 10 jóvenes con discapacidad afirma haber sentido discriminación cuando buscaba trabajo. ABC. Recuperado de https://www.abc.es/economia/abci-7-cada-10-jovenes-discapacidad-afirma-haber-sentido-discriminacion-cuando-buscaba-trabajo-201808061808_noticia.html
GústameGústame
En efecto existe un colectivo en risco de exclusión social que se atopa en situación de desvantaxe con respecto as demais persoas. Confórmano xeralmente vítimas de violencia, poboación emigrante, persoas con problemas de adicción, reclusos ou ex-reclusos, xente sen fogar etc. En España concretamente, no ano 2017 un total de 12.338.187 persoas, que supoñían o 26,6 % da poboación residente, atopábase nesta circunstancia. Estas cifras resultan alarmantes, mais o paradoxo está en que seguen aumentando á vez que imos tomando conciencia do asunto. Asemade a raíz do problema está na concepción egocéntrica dun país que antepón os seus dereitos aos do seu semellante so polo feito de ser “diferente”. Pero neste punto xa entrarían os valores e a educación de cada cidadán. Valga de exemplo, a abstención de poñer fotos no CV destas persoas por ter trazos estranxeiros ou predicar unha relixión allea á católica.
Non obstante, estes estereotipos teñen unha orixe primitiva, probablemente no momento en que se conforma a sociedade. A partir dos trazos distintivos, o comportamento característico de cada persoa, as diversas fisionomías entre os corpos… en xeral, de diferenzas sutís que cando se empezan a agrupar por perfís diferenciadores convértense en diferenzas étnicas, raciais, culturais, políticas, de xénero, etc. Polo que de algún modo a discriminación de cara a un perfil impropio sempre vai estar motivada por unha posible apreciación de ameaza. O típico cliché de “conmigo e cos meus non te metas”, pero referido a gran escala e a múltiples ámbitos.
O que quero dicir e que esta lacra social non so se atopa na esfera laboral, xa que nos propios colexios danse casos desta índole. A solución polo tanto podería atoparse nunha maior implicación co pluralismo cultural, na visibilización dende mozos da existencia de múltiples concepcións da vida, na divulgación informativa da necesidade dos movementos migratorios para o crecemento dun Estado, na participación dos medios cunha linguaxe inclusiva, na proposta de medidas de cara as empresas para a contratación das persoas nunha situación aparente de exclusión… Medidas que sen dubida contribuirían a fomentar valores máis humanitarios.
Ligazóns:
Llano Ortiz, J.C. 2018. El Estado de la pobreza. Seguimiento del indicador de pobreza y exclusión social en España 2008-2017. EAPN. Recuperado de https://www.eapn.es/estadodepobreza/ARCHIVO/documentos/Informe_AROPE_2018.pdf
Redacción. 21 de junio de 2016. Comunidad islámica denuncia discriminación a los musulmanes en las escuelas. La Vanguardia. Recuperado de https://www.lavanguardia.com/vida/20160621/402660975966/comunidad-islamica-denuncia-discriminacion-a-los-musulmanes-en-las-escuelas.html
GústameGústame