Ficha S3C Mocidade e Comunicación

Presentación

O noso grupo de traballo tratará o tema de Mocidade e Comunicación. Empezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Sandra Rivadulla Llerafo (Axenda), Adrián Vázquez Paredes (Coordinación e deseño), Gerardo Veiga de Bartolomé (Difusión), Nerea Soutullo Domínguez (Diálogo), Julia Octavio de Toledo de Miguel (Edición) e Uxía Miranda Martínez (Acción).

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.07.14

O noso obxectivo será analizar o tratamento actual que recibe a mocidade por parte dos medios de comunicación de masas, así como o enfoque que se lle dá ao colectivo nas distintas pezas informativas. Neste contexto, faremos un estudo dos prexuízos que poidan existir en prensa e demais medios cara á mocidade e buscaremos unha solución para erradicalos. Ademais, estudaremos a evolución do concepto de mocidade co paso dos anos analizando os cambios e mudanzas sufridos polo grupo social ao longo das distintas xeracións. Tamén observaremos se esta evolución se reflexou no tratamento dos medios cara ó colectivo. Por último, centrarémonos na figura das mozas, analizaremos a súa situación nos medios de comunicación así como información que se publica sobre elas.

As palabras chave que definen o noso proxecto son: mocidade-prexuízos-evolución xeracional-sociedade.

Todas as facetas da mocidade

Ó longo deste proxecto analizaremos como os medios de comunicación de masas observan e consideran á mocidade actual. Ao mesmo tempo faremos un estudo dos prexuízos e tópicos que forman parte do colectivo así como do papel dos medios de comunicación na divulgación e difusión destes.

Ademais de facer esta análise xeral da mocidade, poñeremos o foco en determinados  grupos desfavorecidos dentro do colectivo analizado. Será o caso das mozas, os mozos  inmigrantes ou os mozos que se encontran inmersos no mercado laboral. Coñeceremos a súa situación no seo da sociedade así como o trato que reciben na cobertura e información dos medios.

Por último, estudaremos a evolución do concepto mocidade ao longo das distintas xeracións. Esta evolución tamén será analizada a través dos medios. Observaremos se cambiou a temática das pezas informativas nas que se fala sobre a mocidade, a linguaxe empregada ó referirse ó colectivo, así como os prexuízos difundidos.

Para lograr estes obxectivos contaremos cun círculo formado por xente de distintas idades que poida aportar unha visión diferente e persoal. Deste xeito, este estará integrado por estudantes, mozos inmersos no mercado laboral, mozos inmigrantes, asociacións xuvenís, persoas relacionadas coas ANPAS, expertos en socioloxía, etc.

Despois, desenvolveremos unha acción. Esta -aínda que non está definida- queremos que consista nun espazo de reunión entre persoas de distintas xeracións co obxectivo de romper as barreiras e impedimentos que pode haber na comunicación entre a mocidade e persoas de xeracións distintas.

Glosario

  • Mocidade: Para Sandra Souto Kustrín (2007), é o período de vida dunha persoa no cal a sociedade deixa de ver a dito individuo como un neno, pero sen chegar a darlle un estatus e unhas funcións completas de adulto. É como unha etapa de transición entre a dependencia infantil e a autonomía adulta. Agárdase da mocidade, segundo a mesma autora, que empece a confeccionar un currículo de decisións propias (amigos, ocio, colectivos aos que pertencer, educación, mercado laboral,…) que os convirta en suxeitos autónomos. A sociedade esíxelles unha postura definida e clara ante eles mesmos e ante o seu contexto social inmediato. Non ten límites de idade precisos, pero co paso do tempo estes fóronse ampliando. A UNESCO entende que os mozos constitúen un grupo heteroxéneo en constante evolución e indica que a experiencia de “ser novo ou nova”, varía moito segundo as rexións do planeta e mesmo dentro dun mesmo país.
  • Evolución xeracional: Segundo indica Erling Galeano Villagra na revista Monimbo, a evolución xeracional, é o cambio completo de actitudes, de visións, de persoas e principios, dende a perspectiva da análise e do diagnóstico que nos permite a todos aprender das experiencias exitosas e dos erros, para que as primeiras mellorémolas e as segundas non as repitamos.
  • Prexuízos: Segundo o autor Jorge Ismael García Corleto (2012), un prexuízo é unha actitude desfavorable, a priori, distorsionada, contra persoas, grupos étnicos, organizacións, relixións, etc., sen considerar os datos contrarios. Os prexuízos baséanse en información errónea, esaxerada ou xeneralizacións accidentais e poden observarse en todos os ámbitos e actividades da sociedade, en calquera grupo social, en calquera grupo de idade, e están vinculados con comportamentos ou actitudes de discriminación.
  • Inmigrante: Segundo Mariana Ruíz de Lobera (2004), trátase dun suxeito construído socialmente e fragmentado institucionalmente, do que se ocupa a lei de estranxeiría, pero tamén Asuntos Sociais e Traballo como suxeito menesteroso, e as políticas culturais e interculturais por tratarse dun ser portador de novas culturas. Nos últimos anos, segundo indica a asesora da Consellería de Servizos Sociais de Madrid, o obxectivo das comunidades é, a nivel social e institucional, integrar a estes inmigrantes, dado que constitúen, tanto mozos como adultos, un dos grupos con máis risco de padecer exclusión social, segundo indica Ruíz de Lobera.
  • Traballador: Tendo en conta a acepción popular, enténdese “traballador” por toda aquela persoa que presta a outra, física ou moralmente, un traballo persoal subordinado. Autores como Bailón (1999) sosteñen que só se entende por traballador persoa física, pero hai quen sostén que son frecuentes persoas morais que prestan servizos a outras. Colom González (1993) destaca que, como consecuencia do proceso de precarización do traballo e da transformación social e tecnolóxica actual, o proceso de inserción xuvenil no ámbito laboral constitúese nunha etapa conflitiva, cunha alta desimplicación xeral.
  • Tópico: Segundo a RAE, é unha idea estereotipada e pouco significativa, un cliché, unha idea, frase ou acción considerada viciosa e repetitiva, que perde o seu valor por ser utilizada en exceso ou por ser demasiado común. Raquel Suriá (2011) mantén, ligada a esta definición, que o feito de que algo estea estereotipado implica unha serie de crenzas mantidas por un individuo en relación a un grupo social. No caso da mocidade os tópicos son moi frecuentes e están, como ben se di nas definicións do concepto, cargados de estereotipos.
  • Xeración: Segundo a concepción sociolóxica de Mannheim (1952), as xeracións son dimensión analíticas útiles para o estudo, tanto das dinámicas de cambio social como para os estilos de pensamento e as actitudes dunha época. Segundo este autor, son un produto específico da colisión entre o tempo biográfico e o histórico. O que configuraría una xeración non sería en si a data de nacemento, senón esa parte do proceso histórico que os xoves de igual idade e/ou clase comparten.

Proposta completa 

Participantes/ Colaboradores:

  • Miguel Cancio, sociólogo.
  • Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela.
  • Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco.
  • Lucía Van Der Mel, estudante do Grao en Mestre de Educación Primaria.
  • Laura Cereijo Míguez, licenciada en Dereito e delegada sindical do CCOO.
  • Aida Fernández Villar, estudante de Pedagoxía.
  • Agustín Iralde Vera, camareiro e estudante do ciclo medio de impresión gráfica.
  • Aurea Sánchez Puente, xornalista e escritora.
  • Luisa González Vázquez, membro da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela.

Post de análise:

1 –  Reformulando o concepto de mocidade

2- O desafío da precariedade na xuventude

3- Desprotexidos no mercado laboral

4- A loita feminista debe estar encabezada pola mocidade

5- Os retos da muller moza: desigualdade e precariedade

6- Batallando estereotipos dende a mocidade estranxeira

Comentarios (S3C ten acordo con S3A e S3B):

S3A:

1- O desafío da precariedade na xuventude

2-  Reformulando o concepto de mocidade 

3 – Desprotexidos no mercado laboral

4- A loita feminista debe estar encabezada pola mocidade

S3C comenta nos seguintes post de S3A:

1-  Accesibilidade en Santiago, unha materia pendente 

2- Pequenos obstáculos que conforman a inaccesibilidade

3- Transporte público para o pobo pero sen o pobo

4- Peóns e tráfico: inimigos para toda a vida

5- Unha ollada á mobilidade compostelana

S2B:

1- Reformulando o concepto de mocidade

2- O desafío da precariedade na xuventude 

3- Desprotexidos no mercado laboral

4 – A loita feminista debe ser encabezada pola mocidade

5- Os retos da muller moza: desigualdade e precariedade

S3C comenta nos seguintes posts de S2B:

1- Deontoloxía da inconsciencia 

2- Xornalismo como reflexo da sociedade 

3- A necesaria reordenación social

4- Caladiñas non estamos máis guapas

5- MullerES

Papeis dos acordos:

1- S3C- S2B

2- S3C-S3B

Comentarios fóra dos acordos de S3C:

Comentarios de S3B:

1- Reformulando o concepto de mocidade

2- Desafío da precariedade na xuventude

Comentarios dos colaboradores nos post do S3C:

1- O desafío da precariedade na xuventude : Fernando Lacaci, presidente de la Federación de Anpas de Santiago de Compostela.

2- A loita feminista debe estar encabezada pola mocidade: Lucía Van der Mel, estudante do Grao en Mestre en Educación Primaria.

Ligazóns e bibliografía do S3C

Cartas avais e Dnis

Material e aportacións dos membros do grupo:

1- Difusión

2- Edición

3- Diálogo

4- Acción

5- Coordinador

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.