Ficha S3D Audiovisual Participativo

Presentación:

Somos Marcos Mouro Negreira (Edición), Carla Mendes Sández (Difusión), Paula Morales Alcequiez (Diálogo), Pilar Morcillo Nine (Axenda) e Sara Martínez López (Coordinación e Deseño)

WhatsApp Image 2019-02-10 at 11.51.57

O audiovisual participativo é a materia que imos a tratar neste proxecto, un campo, probablemente, descoñecido para moita xente. Por iso, un dos obxectivos principais que nos propoñemos con este estudo é visibilizar a labor social que realizan as persoas que se dedican a isto de maneira profesional. Procuraremos achegar información de interese xeral que nos permitirá, ademais, amosar moitos conflitos que se están a producir actualmente no noso arredor e que son tratados a través de recursos audiovisuais polas asociacións que contactamos.

Precisamente, o noso círculo estará formado por xornalistas, comunicadores e activistas que buscan denunciar as situacións de inxustiza dende o audiovisual. Deste xeito, poderán ilustrarnos e achegarnos o seu punto de vista sobre eses problemas e, o que é máis importante, sobre o desenvolvemento do seu traballo en Galicia. Ademais, analizaremos aquilo que nos queda máis preto, que é o trato da labor destas persoas por parte dos medios de comunicación.

 

Luces, cámara… inclusión!

Como xa explicamos na entrada de presentación, o asunto no que queremos afondar nos próximos meses é o “audiovisual participativo”. Tamén se coñece como “audiovisual reivindicativo”, xa que os grupos que se dedican a isto céntranse en temas apenas tratados na prensa. Estes equipos de traballo pretenden dar visibilidade a aqueles conxuntos máis descoñecidos ou desfavorecidos da sociedade, así como mostrar os conflitos sociais que nos rodean e que parecemos querer esquivar.

Pretendemos, dalgún xeito, converternos tamén nun equipo audiovisual participativo por un tempo, xa que eles mesmos son uns descoñecidos para a gran maioría da sociedade. Intentaremos proporcionarvos unha visión persoal sobre o que fan, os recursos que empregan, a xente coa que tratan ou como eles son tratados pola Administración e os medios de comunicación. Por outra banda, tamén resulta un ámbito moi atractivo para nós, estudantes de xornalismo, xa que se trata dunha posible saída laboral no futuro. Por iso será tan interesante analizala a fondo e coñecer os seus pros e contras, tamén como un traballo remunerado.

O audiovisual participativo forma parte da “economía social”, sector económico a medio camiño entre o privado e o público. Tamén coñecido como “terceiro sector”, inclúe cooperativas, organizacións non lucrativas, asociacións caritativas… Estas entidades xorden, principalmente, por intereses concretos das empresas en determinados ámbitos sociais ou de traballo. O seu obxectivo primordial non é o beneficio económico, diferenciándose así das compañías privadas. Buscan ofrecer un servizo aos cidadáns sen ánimo de lucro.

En xeral, trátase de elaborar proxectos audiovisuais, como películas, curtos, vídeos… ilustrando e analizando asuntos que, por algún motivo, se afastan do habitual. Unha das súas particularidades é que dan voz a eses colectivos que a miúdo non a teñen, facéndoos partícipes dos seus traballos. É o caso do Proxecto Máscaras, nado no 2014 co obxectivo de “seguir contando esas realidades posibles que se agochan na tiranía da normalidade”. O seu traballo principal é o curto Máscaras, protagonizado por persoas con discapacidade. Presenta un ton optimista e humorístico do cal o propio presidente da Xunta, Núñez Feijóo, destaca o afán de superación dos seus actores. Amosa unha realidade allea para moitas persoas pero que, por suposto, existe. Como sinala o psicólogo clínico Manuel Calvillo nunha entrada do propio blogue do proxecto, “Máscaras rescata a diversidade do mundo do anormal e o patolóxico para traelo preto e colonizar o cotiá”.

Como xa se mencionou anteriormente, este ámbito laboral é bastante descoñecido malia o seu enorme interese e da súa positividade. Trátase dun sector pouco mediático, precisamente porque os seus traballos xiran arredor de asuntos pouco habituais. Malia todo, ocasionalmente teñen a oportunidade de saír na prensa. De feito, o recoñecemento á película “Campeones” co Goya a Mellor Película e a súa posterior presenza nos medios é, realmente, un galardón ao audiovisual participativo. A súa proposta, aínda que a maior escala e con actores profesionais, ten similitudes por exemplo con “Máscaras”. Máis preto de nós, na web de La Opinión A Coruña vénse falando moito nos últimos días da asociación Down Coruña e da fichaxe dalgún dos seus membros polo programa da TVG “Down Street” e para algúns capítulos da serie “Fontealba”.

Nas reunións que manteñamos co noso Círculo, trataremos de coñecer mellor todo o traballo que hai detrás das cámaras, como é a xente que participa nos seus proxectos, analizar a situación laboral do sector e ver cal é a proxección futura do seu oficio. Non se poden pechar portas a nada e o audiovisual reivindicativo é unha opción para nós moi positiva e seguramente enriquecedora a nivel persoal. Ficade atentos!

Belinchón, Gregorio (13 de xaneiro do 2019). ‘Campeones’ triunfa en los Forqué, los premios de cine de los productores. El País. Recuperado de: https://elpais.com/cultura/2019/01/12/actualidad/1547332180_384809.html

Belinchón, Gregorio (3 de febreiro do 2019). ‘Campeones’ gana el Goya a mejor película en una noche dominada por ‘El reino’. El País. Recuperado de: https://elpais.com/cultura/2019/02/03/actualidad/1549154388_738480.html

De los cortos reivindicativos y el teatro a la Televisión de Galicia (10 de febreiro do 2019). La Opinión. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2019/02/10/cortos-reivindicativos-teatro-television-galicia/1374017.html

Ramil, Ana (10 de febreiro do 2019). A Coruña también tiene sus ‘Campeones’. La Opinión. Recuperado de: https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2019/02/10/coruna-campeones/1374018.html

Proxecto Máscaras. Extraído de: http://www.proxectomascaras.com/

Glosario

Obra audiovisual: Creación artística na que se plasma a orixinalidade e a personalidade do autor, realizada a través de imaxes asociadas con ou sen son e cuxa finalidade é ser mostrada a través de aparellos de proxección ou en medios de comunicación.

Traballo asociativo: Sociedade que ten como obxectivo primordial proporcionar aos seus socios postos de traballo mediante o seu esforzo persoal e directo, a tempo parcial ou completo, a través da organización en común da produción de bens e servizos para terceiros.

Intereses divulgativos: Vontade dunha entidade ou persoa de dar a coñecer ao maior número de xente posible un feito, un descubrimento…

Organizacións civís: Asociacións sen ánimo de lucro formadas por cidadáns para cubrir algunha necesidade social.

Fases de produción: Etapas nas que se divide o proceso de fabricación ou creación dun produto.

Metodoloxía participativa: Tipo de ensinanza que invita a participar libre e voluntariamente e por interese ao maior número de persoas posibles.

Problemas sociais: Conflitos que afectan a determinados grupos sociais ou á sociedade en xeral.

Empoderamento social: Proceso mediante o que se lles recoñecen ás persoas un conxunto de habilidades, capacidades e destrezas que lles outorgan a súa participación no cambio social.

Proposta completa

– Posts de análise:

Post 1: Mendes Sández, C., Martínez López, S. (29 de marzo de 2019). Administración Pública no Audiovisual: suficiente ou escasa? Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/03/29/administracion-publica-no-audiovisual-suficiente-ou-escasa/

Post 2: Martínez López, S. (1 de abril de 2019). Comunicación superficial. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/01/comunicacion-superficial/

Post 3: Morcillo Nine, M.P (5 de abril de 2019). A homoxeneización comunicativa. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/05/a-homoxeneizacion-comunicativa/

Post 4: Morales Alcéquiez, P., Martínez López S. (12 de abril de 2019). Dificultades na difusión. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/12/dificultades-na-difusion/

Post 5: Morales Alcéquiez, P., Morcillo Nine, M.P. (26 de abril de 2019). O audiovisual descoñecido. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/26/o-audiovisual-desconecido/

Post Acción: Martínez López, S. (22 de abril de 2019). Xa está aquí a guía do Audiovisual Participativo. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/22/xa-esta-aqui-a-guia-do-audiovisual-participativo/

Post Retribución: Martínez López, S., Mendes Sández, C. (23 de abril de 2019). Os colaboradores falan da nosa iniciativa. Observatorio cidadán de comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2019/04/23/retribucion-do-circulo-do-audiovisual-participativo-2/

–  Comentarios realizados nos posts do grupo S2D:

– Acordo de comentarios

– Cartas Avais

– Material da Acción

– Material de Difusión

– Material de Diálogo

– Fechas de Agenda:

-Reunión 1: 25 marzo
-Reunión 2: 27 marzo
•Post 1: 29 marzo
•Post 2: 1 abril
•Post 3: 5 abril
-Reunión 3: 10 abril
-Reunión Acción: 10 abril
•Post 4: 12 abril
•Post Acción: 22 abril
•Post Retribución: 23 abril
•Post 5: 26 abril

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.