S1C
O grupo S1C decidimos realizar para a nosa acción unha exposición fotográfica sobre a labor das ONGDs, á que titulamos: “Máis aló das nosas fronteiras”. Neste vídeo recollemos o desenvolvemento da mesma, que se levou a cabo o xoves 11 de abril de 11:00 a 19:00 no Centro Sociocultural das Fontiñas. A mostra estivo composta por diferentes fotografías e vídeos achegados polas ONGDs, coas que quixemos mostrar as diferentes realidades ás que se enfrontan e as labores que realizan.
Colaboraron connosco na exposición:
- Coordinadora Galega de ONGDs
- Entreculturas
- Manos Unidas
- InteRed
- Médicos do Mundo
- Seteportas-Altair
Un comentario en “Exposición fotográfica “Máis aló das nosas fronteiras””