O desafío da precariedade na xuventude

SOUTULLO DOMÍNGUEZ

Confederación ANPAS Galegas

A precariedade no mundo laboral é unha das principais preocupacións da mocidade. A incerteza de que pasará cando rematen os estudos, se atoparán traballo naquilo para o que están cualificados ou incluso se poderán vivir no seu país son algúns dos pensamentos dunha xuventude que medrou nunha crise que parece non ter fin. A precariedade está aínda máis presente na mocidade que necesita emprego para costearse os seus estudos.

Agustín Iralde Vera, un mozo uruguaio que traballa mentres estuda, fixo a primeira aportación: “Eu traballo para poder pagar o piso no que estou estudando. Horas extra, un soldo baixo… Si que noto a precariedade todos os días, pero necesítoo.  Non teño un fondo e teño que traballar coas condicións que sexan”. Aida Fernández Villar, estudante de pedagoxía, concorda no sentimento de incerteza e suspicacia de cara a un futuro no mercado laboral: “non vexo moi clara a incorporación ao ámbito laboral, sobre todo nalgunhas carreiras nas que non pinta moi ben o futuro”. Fernando reflexionaba sobre as posibles causas da precariedade ante as que se enfronta actualmente a mocidade: “chegamos ata aquí porque é un problema moi globalizado, a xente cada vez é máis dependente e carece de forza. Eu podo criticar a oferta pero non podo criticar á persoa que colle o traballo, porque seguramente necesite ese traballo”. Laura Cereijo Míguez, licenciada en Dereito e delegada sindical de CCOO, puntualizaba: “Nós non podemos criticar á persoa que colle ese traballo por necesidade, pero o que tampouco podemos facer é devaluar o noso traballo”.

Fronte a esta posta en común, manifestábase Miguel Cancio sinalando: “España ten a menor porcentaxe de estudantes traballadores. Mais en outros países, como en Estados Unidos, Alemaña ou Holanda,  xa se empeza a traballar aos 14 anos”. Xesús Vilas, concluínte, manifestaba: “eu creo que realmente este é un problema moi complexo e a sensación que teño eu é que non se está intentando abordar dende a súa raíz”. Por outra banda Agustín, de novo falaba dende a experiencia “eu podo estudar toda a vida e encontrar un traballo baixo condicións pésimas ou podo non estudar nada e de repente facer unas oposicións e ter un traballo que me dure toda a vida. Creo que xoga moito o azar”. Neste punto entraba en desconcordia Laura: “eu comecei a traballar con 18 años e vinme moi limitada na miña busca de traballo. No momento no que me formei e fixen dereito o meu abanico fixo ¡boom! porque diversificas”.

De novo Miguel expoñía con firmeza o seu pensamento: “en España a maior estudo máis posibilidade de traballo hai, pero inda así en España é onde hai máis paro”. A continuación amosámoslles unha nova de El Correo Gallego (29/11/2018) onde de novo se falaba da precariedade á que están expostas as novas xeracións. “Se miramos 40 anos atrás o perfil da xuventude era moi diferente, tiñan unha cualificación moito máis baixa e empezábase a estudar dun xeito masivo” concluía Fernando. Mantíñase expoñendo: “hai unha irresponsabilidade por parte do elemento organizador da educación con respecto á xuventude, que evidentemente acaba levando a unha precariedade que produce unha baixa emancipación”. Aida, como estudante de pedagoxía reflictía a súa esperanza a través da seguinte declaración: “unha das solucións pode ser a educación, non so obtendo contidos teóricos senón tamén aqueles que che poidan servir para aprender a desenvolverte no oficio que vas a desempeñar”.

DSC_0308

Agustín neste aspecto amosábase máis satisfeito e accesible coa situación: “eu son de Uruguai. Vin para poder estudar e poder ter oportunidades. Se eu estivera alí agora estaría na rúa ou, non quero dicir unha burrada, pero nunha situación moito peor da que podería estar un mozo aquí. Eu aquí subo ao bus tranquilo, alí pódome levar un tiro dun neno de 13 anos que aquí está estudando e alí está buscando a posible saída para a súa familia”. E seguindo a evolución da emigración na mocidade Miguel suxería unha cuestión interesante: “por que emigraron os españois e galegos a Arxentina e Uruguai e agora veñen eles aquí? As cousas non se manteñen de sempre para sempre’’. Referido á mocidade, Laura expoñía: “non sodes donos reais das vosas vidas ou decisións, non é o que queirades ser, é o que a sociedade vos está obrigando a ser. Non emigrades porque queredes aprender o idioma, emigrades porque non vos queda máis remedio que emigrar. E o peor é que estamos repetindo o que aconteceu a principios de século cando emigraban os avós, o meu pai ou a miña nai”.

Na liña do cambio xeracional na concepción da mocidade, Fernando aportou unha nova do Diario Sur (16/09/2017). A continuación explicábaa do seguinte xeito: “o cambio de valores entre unha sociedade que estaba disposta a traballar como a dos meus pais, dispostos a traballar un montón de horas, e unha sociedade que quere unha vida onde todo caiba, que sexa unha vida onde o traballo sexa unha parte”.

A conclusión é clara: a precariedade é un dos principais problemas da xuventude actual. O aumento do IPC e o consecuente descenso dos salarios deixa ás novas xeracións ante un panorama crítico marcado pola emigración e unhas pésimas condicións laborais. A pesar de todo, a comunidade estudantil amósase esperanzadora e cre que un cambio no modelo educativo podería mellorar a situación.

A idea para a acción

No encontro tamén se presentou ós membros do círculo a idea para a acción. Antes de comezar a conversación, explicámoslles que consistiría nunha pequena publicación a modo de fanzine, sinxela de difundir, e que recompilaría os puntos máis importantes dos nosos encontros. Todos mostráronse conformes, e ó longo das case dúas horas que estivemos con eles producíronse declaracións moi interesantes para ir engadindo ao fanzine. Por exemplo, a reflexión de Fernando Lacaci sobre o cambio de valores entre xeracións, ou o termo achegado por Laura Cereijo Míguez para definir a xuventude actual: ‘‘xeración móbil’’.

Conversaron connosco:

  • Miguel Cancio, sociólogo.
  • Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela.
  • Xesús Vilas, responsable e coordinador do centro xuvenil Don Bosco.
  • Laura Cereijo Míguez, licenciada en Dereito e delegada sindical de CCOO.
  • Aida Fernández Villar, estudante de pedagoxía.
  • Agustín Iralde Vera, camareiro e estudante de ciclo medio de impresión gráfica.

Ligazóns:

18 comentarios en “O desafío da precariedade na xuventude

  1. FERRÍN ALONSO

    É unha situación bastante desesperanzadora en relación aos temas dos que falades nesta publicación. Tanto a precariedade que cada vez máis afecta á mocidade e tamén á xente con estudos básicos, como a emigración á que nos vemos obrigados a facer.

    Por un lado, España está nos primeiros postos en canto á precariedade. Segundo unha noticia do diario Público do 2 de outubro do 2018, como consecuencia dunha crise económica e do goberno do Partido Popular coas súas políticas neoliberais, hai máis traballo temporal, máis horas extras sen pagar e menos políticas públicas na pobreza infantil. Tras isto, España é un dos países con máis desemprego xuvenil.

    Por outro lado, cabe dicir que a emigración comezou a medrar e medrar a partir do ano 2009, cando se notaron os efectos da crise económica e do paro. No ano 2017 a emigración española tocou máximos históricos e, segundo unha noticia do diario El País do 15 de marzo do 2017, son máis os homes que as mulleres os que emigran cara outros países. Preocupa a emigración e a fuga de cerebros ata tal punto no que, como consecuencia, a demografía española cae drasticamente, como di nunha noticia do diario Público do 16 de xuño do 2018.

    Chamoume a atención a denominación que fixo unha das vosas colaboradoras chamando “xeración móbil” á mocidade española. É verdade, hai unha cantidade preocupante de mozas e mozos que van a outros países para poder traballar do que estudaron ou para poder ter un futuro mellor que o noso país non lles pode dar. Quizais non me gustaría dicir isto, pero me temo que moitos de nós, queiramos ou non, imos traballar noutro país diferente a España para poder ter unha vida e un traballo mellor que teriamos aquí.

    Ligazóns:
    – MOLINA, C. (15 de marzo de 2017) La cifra de nuevos españoles que han regresado a su país de origen se ha duplicado en ocho años hasta los 1,1 millones. El País. Recuperado de: https://cincodias.elpais.com/cincodias/2017/03/15/economia/1489589762_376211.html
    – BAYONA, E (18 de xuño de 2018) La emigración juvenil hunde la natalidad y la fecundidad. Público. Recuperado de: https://www.publico.es/sociedad/emigracion-juvenil-hunde-natalidad-fecundidad.html
    – BERNAL-TRIVIÑO, A (2 de outubro de 2018) España, potencia mundial de precariedad. Público. Recuperado de: https://temas.publico.es/precarios-del-mundo/2018/10/02/espana-potencia-mundial-de-precariedad/?doing_wp_cron=1553021064.7733910083770751953125

    Gústame

    1. VEIGA DE BARTOLOMÉ

      É un problema realmente preocupante a cantidade de mozos e mozas que teñen que abandonar España para conseguir un posto de traballo digno. Segundo unha noticia do diario Faro de Vigo do 6 de xaneiro de 2019 case 50.000 mozos deixaron Galicia na última década. Fai referencia tamén a que dous tercios dos mozos son orixinarios doutros países. Segundo varios demógrafos e sociólogos a natalidade e a fecundidade caerá en picado nos vindeiros anos polo efecto combinado das reducidas franxas de idade da poboación en idade fértil e o envellentamento da poboación. Na noticia afírmase que unha posible recuperación económica cree o suficiente emprego para que a xuventude non se vexa na necesidade de emigrar.

      Por outro lado, como ben afirmas, a precariedade na xuventude traballadora é un problema que hai que controlar con eficacia. Unha noticia de La Voz de Galicia publicada o pasado 19 de novembro de 2018 utiliza o termo “mili laboral” facendo referencia á precariedade e aos baixos salarios da xuventude en galega. Na noticia faise referencia ao 66% de mozos con traballos temporáis e ao 20% ademáis con xornada parcial. CC.OO. fai un chamamento para que toda a xuventude traballadora se organice nas empresas.

      Facendo referencia ao desemprego xuvenil, unha noticia de La Voz de Galicia do 12 de agosto de 2016 afirma que España está entre os países da UE con maior tasa de “ninis”. En Galicia, xa supón o 25% da poboación activa. A noticia afirma que a precariedade é “devastadora” e o Consello da Xuventude en España afirmaba que os mozos e mozas xa son o “colectivo con maior riesgo de exclusión social”. Con estes datos e necesario intentar solucionar o problema do desemprego e a precariedade xuvenil canto antes, pois os datos afirman que co paso do tempo a situación empeorará.

      Ligazóns:

      RODRÍGUEZ, M (6 de xaneiro de 2019) Casi 50.000 dejaron Galicia en la última década para irse al extranjero. Faro de Vigo. Recuperado en: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/01/06/50000-jovenes-dejaron-galicia-ultima/2028057.html

      REDACCIÓN (19 de novembro de 2018) La “mili laboral”: precariedad y salarios bajos para los jóvenes. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2018/11/19/ccoo-denuncia-jovenes-espana-viven-mili-laboral-precariedad-bajos-salarios/00031542662299977662585.htm

      BALSEIRO, A (12 de agosto de 2016) ¿Qué hacemos con el paro juvenil?. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/08/12/escenario-laboral-hacemos-paro-juvenil/0003_201608G12P23991.htm

      Gústame

      1. FERRÍN ALONSO

        Afondando na precariedade xuvenil, como se di nunha noticia de El País publicada o 1 de maio de 2018, a xuventude sofre moito máis a temporalidade. Os traballadores máis novos son contratados a tempo parcial máis frecuentemente que os de maior idade. Aínda que sexan contratados, gañan moito menos. Ata que chegan aos 40 anos non se alcanza o salario medio. Todo isto incide na vida da xente xoven, xa que os españoles están entre os que máis tarde abandonan a casa dos pais: de media deixan a casa paterna aos 29 anos, tres anos máis tarde que a media europea.

        Porén, aínda que se diga que o emprego crece, non significa que sexan mellores contratos ou que haxa máis garantias laborais para as novas xeracións. De feito, nunha noticia do diario El País do 10 de marzo de 2019, a drástica caída dos salarios dos cidadáns de entre 16 e 29 anos fai practicamente imposible deseñar un proxecto de vida cunhas remuneracións de entre 8.000 e casi 16.000 euros anuais. Segundo sinala Carlos Martín, responsable do Gabinete Económico de CC.OO., as empresas non queren ter traballadores e por iso optan, ademais de pola temporalidade, polos autónomos e por subcontratacións en cascada. Engade que nunca antes houbo máis contratos dunha semana e os contratos a tempo parcial convertéronse nunha forma de exprimir os turnos de traballo.

        Ligazóns:
        – ABAD, J (1 de maio de 2018) Las cifras que demuestran la precariedad del empleo juvenil. El País. Recuperado en: https://elpais.com/elpais/2018/04/30/tentaciones/1525107669_561184.html
        – SÁNCHEZ-SILVA, C (10 de marzo de 2019) La maldición de los jóvenes: paro o precariedad. El País. Recuperado en: https://elpais.com/economia/2019/03/07/actualidad/1551989860_005618.html

        Gústame

        1. VEIGA DE BARTOLOMÉ

          A precariedade laboral na xuventude continúa en aumento pero un dos caso que máis se repite nos últimos anos é a contratación temporal. Segundo unha nova do xornal El Correo Gallego, un informe de UGT asegura que o 75% da xuventude galega ten un contrato temporal e que cobra un 42% menos que o resto. Este informe chamado “La precariedad en el empleo juvenil” mostra a absoluta persecución á que se ten que enfrontar a xuventude día a día na comunidade galega, loitando contra o desemprego e a precariedade laboral.

          Esta situación, pon de manifesto a necesidade de moitos mozos a permanecer en casa dos seus pais ata que teñan a estabilidade necesaria, como ben afirmas. Unha nova de El Correo Gallego do 3 de abril de 2019, mostra un alto número de mozos que aínda viven coa súa familia. Máis de 127.000 mozos de entre 25 e 34 non conseguen emanciparse. A cifra continúa en aumento e é extrema necesidade cambiar a situación pois, os mozos -e non tan mozos- entre 35 e 44 tampouco teñen as condicións necesarias para a emancipación, e a cifra xa ascende a 69.000 persoas en Galicia.

          A precariedade laboral na xuventude ten outras consecuencias, como a marcha dos mozos cara outros países, cada vez máis aumentada. Unha nova do xornal Faro de Vigo mostra un altísimo e preocupante porcentaxe de galegos mozos que teñen que emigrar para atopar emprego. O 83% da xuventude está disposta a marchar para conseguir unha mellor vida.

          Todas estas situacións de precariedade e desemprego, golpean ano tras ano á xuventude, non só galega, senón de todo o panorama nacional. Os contratos temporais, a falta de emancipación e emigración masiva spon só algúns dos moitos problemas que sufre a sociedade xuvenil actual; unha situación que necesita un importante cambio para controlar a un dos colectivos con máis expectativas de futuro.

          Ligazóns:

          REDACCIÓN: (11 de agosto de 2017) El 75% de los jóvenes gallegos tienen contrato temporal y cobran un 42% menos. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/75-jovenes-gallegos-tienen-contrato-temporal-cobran-un-42-menos/idEdicion-2017-08-11/idNoticia-1068621

          ARNÁIZ, A (4 de abril de 2019) Aún viven con sus padres más de 127.000 jóvenes. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/aun-viven-sus-padres-127-000-jovenes/idEdicion-2019-04-03/idNoticia-1174900

          REDACCIÓN (10 de marzo de 2017) El 83% de los jóvenes gallegos, dispuestos a emigrar para encontrar trabajo. Faro de Vigo. Recuperado de: https://www.farodevigo.es/galicia/2017/03/10/83-jovenes-gallegos-dispuestos-emigrar/1638114.html

          Gústame

  2. PRIETO AROSA

    Falamos de precariedade no traballo dos estudantes dunha forma demasiado xeral. As migracións e os intentos por sobrevivir día a día facilitan a existencia dela, pero non nos estamos a dar conta de que hai moita máis precariedade da que parece.

    Vos explicadas a precariedade laboral dun xeito máis global, pero se nos centramos no apartado de persoas con algún tipo de discapacidades o porcentaxe de precariedade dispárase. Como di unha nova do xornal web ’20minutos’, unha de cada catro persoas con discapacidade traballa, pero todas dan xeito precario. É dicir, o 25% das persoas con discapacidade consegue un traballo, pero dito emprego ten condicións precarias, soldos baixos ou contratos temporais, xerando controversia por estes empregos e por non valorar o traballo de persoas que por ser algún tipo de discapacidade xa non se les considera aptos para o desenvolvemento de calquera actividade.

    En canto a precariedade estudantil, é moi difícil conseguir algunha nova ou saber dalgún estudante con discapacidade que costee os seus estudos traballando. Isto que quere dicir? Estáselles a dar unha oportunidade ou non ten a importancia necesaria para os medios? Podemos atopar artigos de ‘xoves e a precariedade laboral’ ou estudos por parte da UGT, pero en ningún menciónanse a estudantes con algún problema de mobilidade que este traballando para poder axudar a súa familia a costear a universidade. Atopamos precariedade e estudantes por un lado e discapacidade e precariedade por outro; o que nos amosa como os estudantes con algún tipo de discapacidade xa non ten case oportunidade de traballar o cal é algo moi destacable e digno de resinar e estudar.

    LIGAZÓNS:

    EFE (17 de marzo de 2015). Una de cada cuatro personas con discapacidad trabaja, pero los nuevos contratos son precarios. 20 minutos. Recuperado de https://www.20minutos.es/noticia/2407410/0/personas-discapacitadas/trabaja/nuevos-contratos-precarios/

    FESP-UGT (9 de abril de 2018). El sector de Discapacidad denuncia su precariedad laboral. UGT. Recuperado de http://www.ugt.es/el-sector-de-discapacidad-denuncia-su-precariedad-laboral

    Martínez, A. (29 de abril de 2015). Los jóvenes y la precariedad laboral. Economía Digital. Recuperado de https://ideas.economiadigital.es/ideas/los-jovenes-y-la-precariedad-laboral_170443_102.html

    Gústame

    1. RIVADULLA LLERAFO

      É interesante o que plantexas. Na reunión tocamos o tema da precariedade xuvenil de forma global e efectivamente non nos centramos nos xóvenes con discapacidade.
      Pero facendo fincapé no que dis, debo dicir que cada vez hai máis traballo para as persoas con discapacidade e incluso están saindo convocatorias de prazas específicas para elas. Así o explica o xerente da asociación Asprodes, Juan Recio, nunha entrevista do diario Salamanca24horas. Ademais, cómpre mencionar que o Servizo Público de Empleo Estatal (SEPE) proporciona suvencións e axudas ás empresas que contan cun número determinado de discapacitados nas súas plantillas.

      Por outro lado, resaltar que os medios de comunicación son o reflexo da realidade e polo tanto, cambiar e normalizar a situación laboral e social destas persoas depende de nós.

      Ligazóns:

      – (17 de agosto de 2018). Cada vez hay más trabajo para las personas con discapacidad pero “queda mucho que igualar”. Salamanca24horas.com. Recuperado de:
      https://www.salamanca24horas.com/texto-diario/mostrar/1162584/cada-vez-hay-trabajo-personas-discapacidad-pero-queda-mucho-igualar

      – (Febreiro de 2019). Integración laboral de las personas con discapacidad. Servizo Público de Empleo Estatal. Recuperado de:

      Fai clic para acceder a integracion_laboral_discapacidad.pdf

      Gústame

      1. PRIETO AROSA

        Coincido nas túas afirmacións: as persoas con discapacidade poseen cada día máis postos de traballo. Segundo a Lei Xeral de Discapacidade, as empresas que contan con máis de 50 empregados, deben ter na súa lista de persoal un 2% de persoas con diversidade funcional. Aínda así, é obvio que a tasa de desempleo das persoas con diversidade funcional dista notoriamente da tasa de paro xeral.

        Segundo Europa Press, en 2018, contratáronse 116873 traballadores con necesidades especiais, un 6% máis que o ano anterior. Esta cifra oculta numerosos datos: sete de cada dez empregados atopan traballo nos Centros Especiais de Emprego, vendo reducida a súa presenza na empresa ordinaria. Nestes centros, o persoal está constituido, nun 70% como mínimo, por traballadores con discapacidade que se instalan nestes lugares de ámbito protexido, vendo limitadas as súas posibilidades de incorporarse ao mercado convencional.

        As persoas con diversidade aumentan a súa presenza no mundo laboral, si, pero non sempre de forma totalmente inclusiva como un cidadán máis da sociedade. Deberíamos incluir ás persoas con diversidade funcional no mercado ordinario e loitar por combatir a exclusión.

        Ligazóns:

        Redacción (13 de decembro de 2018). Aumenta la contratación de personas con discapacidad intelectual en las empresas. ABC. Recuperado de
        https://www.abc.es/sociedad/abci-aumenta-contratacion-personas-201812040256_noticia.html

        Redacción (16 de xaneiro de 2019). Casi 117.000 nuevos contratos de personas con discapacidad en 2018, un 6% más que el año anterior. Europa Press. Recuperado de
        https://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-casi-117000-nuevos-contratos-personas-discapacidad-2018-mas-ano-anterior-20190116125323.html

        Liked by 1 person

        1. RIVADULLA LLERAFO

          Como é obvio, debemos de loitar polos dereitos das persoas. Recoñezo que non estaría de máis tratar o tema dos mozos discapacitados nas reunións, pero considero que non hai tempo necesario para centrarnos niso. O noso deber é analizar á mocidade dende diversas perspectivas, tanto económicas como sociais.

          Respecto á información que me aportas, so quero facer un inciso: Segundo ElCorreoGallego.es, anos atrás os Centros Especiais de Emprego foran a porta de entrada das persoas con discapacidades a un posto de traballo. Durante a crise, os Centros Especiais de Emprego (CEE) convertíronse nunha barreira defensiva para evitar que este colectivo fose borrado do mapa laboral.Tras o duro esforzo realizado, agora toca potencialos, e a Xunta anuncia que contribuirá a financiar máis de 2.600 postos de traballo nestos CEE cun total de 14,4 millóns de euros. Non todo é tan malo.

          Ligazóns:

          – (30 de decembro de 2018). Impulso a más de 2.600 empleos en centros especiales. ElCorreoGallego.es. Recuperado de:
          https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/impulso-2-600-empleos-centros-especiales/idEdicion-2018-12-30/idNoticia-1156688

          Gústame

  3. PRIETO AROSA

    Coincido nas túas afirmacións: as persoas con discapacidade poseen cada día máis postos de traballo. Segundo a Lei Xeral de Discapacidade, as empresas que contan con máis de 50 empregados, deben ter na súa lista de persoal un 2% de persoas con diversidade funcional. Aínda así, é obvio que a tasa de desempleo das persoas con diversidade funcional dista notoriamente da tasa de paro xeral.

    Segundo Europa Press, en 2018, contratáronse 116873 traballadores con necesidades especiais, un 6% máis que o ano anterior. Esta cifra oculta numerosos datos: sete de cada dez empregados atopan traballo nos Centros Especiais de Emprego, vendo reducida a súa presenza na empresa ordinaria. Nestes centros, o persoal está constituido, nun 70% como mínimo, por traballadores con discapacidade que se instalan nestes lugares de ámbito protexido, vendo limitadas as súas posibilidades de incorporarse ao mercado convencional.

    As persoas con diversidade aumentan a súa presenza no mundo laboral, si, pero non sempre de forma totalmente inclusiva como un cidadán máis da sociedade. Deberíamos incluir ás persoas con diversidade funcional no mercado ordinario e loitar por combatir a exclusión.

    Ligazóns:

    -Redacción (13 de decembro de 2018). Aumenta la contratación de personas con discapacidad intelectual en las empresas. ABC. Recuperado de https://www.abc.es/sociedad/abci-aumenta-contratacion-personas-201812040256_noticia.html

    -Redacción (16 de xaneiro de 2019). Casi 117.000 nuevos contratos de personas con discapacidad en 2018, un 6% más que el año anterior. Europa Press. Recuperado de https://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-casi-117000-nuevos-contratos-personas-discapacidad-2018-mas-ano-anterior-20190116125323.html

    Gústame

  4. SOBRINO PLATAS

    O caso que comentaba Agustín de que a maioría do estudantado vese obrigado a pagar a súa vivenda traballando, vólvese cada vez máis común. De feito, moitas empresas, como é o caso de Mercadona, xa reservan determinados postos de traballo ao alumnado, para que durante os fins de semana traballen e así poidan compaxinar os estudos co emprego. Porén, as condicións nas que se expón á mocidade nestes postos de traballo son bastante precarias e os salarios moi baixos. Deste xeito, a empresa benefíciase de servizos prestados por mozos e mozas dun xeito barato e o estudantado segue a reclamar estes empregos porque é necesario para pagar a súa vivenda e os seus gastos. Entramos entón nun círculo vicioso que acaba acostumándonos ao emprego precario na xuventude e fai que se vexa como algo normal.

    Esta situación é a que tamén provoca a precariedade e o paro á fin da carreira unha vez titulado o alumnado. Á súa vez, isto desmotiva ao estudantado á hora de atopar unha carreira. Como di Laura Cereijo, o feito de ter unha licenciatura abre un amplo abano de emprego, aínda que non é unha garantía de conseguilo hoxe en día nin moito menos.

    Ligazóns:

    Sánchez-Silva, C. (10 de marzo de 2019). La maldición de los jóvenes: paro o precariedad. El País. Recuperado de https://elpais.com/economia/2019/03/07/actualidad/1551989860_005618.html

    Caparrós, A. (21 de marzo de 2019). Mercadona busca universitarios para trabajos con contrato fijo de fin de semana y sueldo de 663 euros. Recuperado de https://www.abc.es/espana/comunidad-valenciana/abci-ofertas-empleo-mercadona-busca-universitarios-para-trabajos-contratos-fijos-semana-663-euros-201903201517_noticia.html

    Gústame

    1. MIRANDA MARTÍNEZ
      Concordo coa túa visión do problema coma un círculo vicioso, porque en boa parte é así. Toda empresa busca a máxima rendibilidade, e a mocidade é a ferramenta perfecta para cumprir a demanda: non somos quen de reclamar unhas condicións mellores e asumimos ‘o que nos boten’. A UXT recolleu nun informe chamado ‘A precariedade no emprego xuvenil’ algúns datos sobre esta situación: o mercado laboral galego caracterízase por contratos de corta duración, alta temporalidade, redución obrigada da xornada, brecha xeracional e excesivas horas extras.

      Cal é a consecuencia de todo isto? Por desgraza, en moitos casos a xuventude ten que emigrar, tanto a outras comunidades como a outros países. Sobre todo, mozos e mozas cunha alta cualificación, que ven como eses estudos non logran atraer tantas oportunidades. As empresas depositan unha carga demasiado pesada sobre os hombros da xuventude, esixindo coñecemento en idiomas e un abano de habilidades diversas. As familias chegan a endebedarse por cubrir a educación dos seus fillos. O panorama que se presenta para as novas xeracións é moi negativo, e é urxente tomar medidas efectivas no asunto.

      Ligazóns:
      – Piñeiro, X.M. (17 de setembro de 2016). Dez licenciados universitarios emigran cada día á procura de traballo fóra de Galiza. Sermos Galiza. Recuperado de: https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cada-dia-emigran-dez-licenciados-universitarios/20160913175123050985.html
      – Redación. (11 de agosto de 2017). Trabajos precarios y mal pagados, el panorama laboral de los jóvenes gallegos. GaliciaPress. Recuperado de: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/784648/trabajos-precarios-mal-pagados-panorama-laboral-jovenes-gallegos

      Gústame

      1. Ademais de todos os problemas que mencionas á hora de que as mozas e mozos atopen traballo -demanda de idiomas, de habilidades…-, tamén existe por parte das empresas unha esixente demanda de experiencia laboral, que pode rematar sendo un dos principais impedimentos á hora de obter un emprego, como ben indica esta nova da axencia Europa Press. Cando a mocidade busca o seu primeiro traballo non ten ningunha experiencia laboral anterior, xa que por iso é o primeiro emprego. Se todas as empresas demandan esta experiencia, o mozo ou moza en cuestión non poderá obtela de ningún xeito.

        O feito desta demanda de emprego por parte das empresas débese a que estas consideran que a formación que recibe agora a xuventude, malia ser moito mellor que a que recibían anteriores xeracións, non aporta normalmente a formación que as empresas necesitan. Por este motivo ven necesaria esa experiencia laboral previa.

        Ligazóns:
        Sanchez, B. (27 de febreiro de 2019). ¿Por qué las empresas no encuentran talento joven si esta es la generación mejor formada? El País. Recuperado de https://elpais.com/economia/2019/02/25/actualidad/1551095911_149819.html
        Trabajo alerta de que las tasas de desempleo joven son “intolerables” y dan una “mala” imagen. (9 de outubro de 2018). Europa Press. Recuperado de https://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-trabajo-alerta-tasas-desempleo-joven-son-intolerables-dan-mala-imagen-20181009122959.html

        Gústame

        1. MIRANDA MARTÍNEZ
          Penso que o punto máis interesante do que comentas é o de que a formación que recibe a xuventude non se axusta ao que demandan as empresas. É certo. Como ben expoñiamos nalgún dos nosos posts, hai un tremendo desaxuste entre a oferta e a demanda causado por un sistema educativo que se achega á súa propia morte. Unha morte que non a provocan os estudantes, senón os poderes políticos ao non regular a situación.

          O modelo universitario falla. Nas aulas non se fala case da realidade laboral nin de oportunidades, as formacións son puramente teóricas. e non se outorgan as ferramentas necesarias para que os mozos e as mozas constrúan un futuro realista e digno. Ademais, todavía existen prexuízos sobre a formación profesional, coma se fose menos que estudar na universidade. Porén, é obvio que a sociedade precisa máis postos de traballo técnicos e manuais, que moitas veces non se ensinan nas facultades. Todas as demandas do mercado laboral deberían ser escoitadas polo goberno para executar unha reforma educativa total.

          Ligazóns:
          – Blanco, I. (3 de xaneiro de 2016).El 60 % del empleo de los jóvenes no está a la altura de su formación. El Correo Gallego. Recuperado de: https://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/60-empleo-jovenes-no-altura-su-formacion/idEdicion-2016-01-03/idNoticia-972595/
          – Domínguez,D. (3 de novembro de 2017). La percepción de la FP en España. Descúbrela FP. Recuperado de: https://www.descubrelafp.org/blog/percepcion-espana_2017110359fc6de00cf2018c1946327e.html

          Gústame

  5. Aquí estámonos xogándonos moito máis que unha situación laboral, ou un salario xusto e acaído ás necesidades vitais das persoas, e isto xa sería por si só un dato alarmante.
    O problema da precariedade laboral na xuventude é moito máis fondo, os baixos soldos e a inexistencia de confianza económica entre a propia xente moza trae como consecuencia un cambio social da máxima relevancia: comezamos a asumir como lóxico que a xente comece a súa vida social adulta -estabilidade xeográfica, familia, descendencia, plans estábeis de futuro- a unha idade na que todo iso xa debería estar rulando con normalidade. Mesmo estamos a provocar un cambio de conciencia social segundo o que a adultez, que comunmente é entendido como a etapa que está entre os 25 e os 60 anos (con todas as eivas que teñen as clasificacións rotundas), estase pretendendo retrasar na conciencia social ata a o momento de estabilización económica (que está a producirse moito máis tarde deses 25 anos de inicio teórico); o que claramente é un desestabilizador social.
    O problema que ten ese inicio tardío na asunción de responsabilidades adultas -do que son inocentes as súas protagonistas, o que non lles priva da obriga de seren críticas- é un avellentamento progresivo das decisións colectivas, un peso desequilibrado da poboación maior no mercado laboral, e a planificación da colectividade como un País de vellos, o que nos leva radicalmente a unha roda inútil: menos oportunidades-menos xente moza-maior proporción de vellos non produtivos (economicamente)- menos oportunidades…
    A sociedade temos que facer un esforzo colectivo, mesmo cunha ampla dose de xenerosidade laboral, para que a xente moza se incorpore con dereito cheo, e con posibilidades económicas dignas, no reparto das opcións laborais, e tamén no reparto das obrigas sociais; pero iso precisa do concurso de todos os axentes sociais, nomeadamente da representación política, actualmente lamentable na súa actuación conxunta, mais tamén das persoas adultas, e da propia xuventude, a quen por ter unha lóxica desmotivación non deixa de serlle esixible un traballo activo e reivindicativo no cambio de paradigmas que provea dun modelo diferente, maís xusto, estábel e responsábel do que estamos a vivir.

    Liked by 1 person

Deixa unha resposta a Gerardo Veiga Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.