Comunicación superficial

MARTÍNEZ LÓPEZ

Cafetería Recantos

Prendes a televisión e non paras a pensar sobre o que hai detrás, o que move e motiva que ti recibas certa información. Por que nos informan de determinadas novas e non doutras? Dende o audiovisual participativo reclaman uns medios de comunicación desligados da política e das grandes multinacionais que manexan a información segundo os seus intereses.

Horacio González, ex-integrante do proxecto sonoro Escoitar.org, explica do seguinte xeito a dificultade que existe para difundir os traballos audiovisuais: “Nós temos un documental feito, gravado e non nolo deixan estrear”. Lucas Santiago, de Savia Nova, engade: “Ao final hai unha serie de intereses económicos e políticos, e os medios de comunicación están tamén nesa roda de xogo”. Tanto Lucas coma Horacio coinciden en que a política ten unha gran influencia na difusión dos seus traballos. En canto aos medios de comunicación, Horacio sinala: “Non é que non o saquen, senón que che din que mellor non preguntes, porque ao mellor o sacan e búscome un problema”.

O máis habitual é pensar que un proxecto de tan difícil difusión non pode ser moi rendible, idea coa que non está de acordo Lucas Santiago, quen explica: “Cando fas un proxecto destes non estás actuando a nivel empresarial nin pensando en cuestións económicas, senón que todo depende do teu compromiso co tema ou a nivel social”.

Ao igual que en todos os ámbitos, sempre hai excepcións. Así o afirma Xoán-Xil López, tamén ex-integrante da plataforma Escoitar.org: “Escoitar tivo repercusión nos medios no seu momento. Sobre todo na radio, como forma de reivindicar a importancia do son a través da cultura galega”. Aínda así, el mesmo engade: “Os medios quedaban estancados en reivindicar a escoita, pero non afondaban máis aló. As gravacións máis mediáticas foron aquelas máis divertidas, pero de menor importancia para o colectivo”. Horacio tamén destaca: “Hai un fenómeno nos medios en xeral, e é que tenden a superficializalo todo, e isto acaba afectando tamén ao tipo de proxectos que se levan a cabo”. En definitiva, case ningún medio de comunicación é totalmente independente do mundo da política, polo que é evidente que a liña editorial de cada un sempre vai condicionar a presenza ou non de determinados proxectos audiovisuais.

Acción

Nesta segunda xuntanza do círculo, desenvolvimos xa as diferentes partes da guía, poñendo entre todas e todos información en común á hora de elaborala. Ademais, os integrantes do círculo propuxeron repartir o formato físico tan só en institutos con bacharelato de artes e ciclos profesionais de audiovisuais.

Nesta reunión participaron:

  • Alicia Alonso García, produtora en Curtocircuíto
  • Horacio Rodríguez Diéguez, ex-integrante de Escoitar.org
  • Lucas Santiago, documentalista, integrante de Savia Nova e creador de vídeos de temática forestal
  • Olalla Rodríguez, leva a cabo o programa participativo Veráns de Cine en Sintelobos
  • Xavi Castro, leva a cabo o programa participativo Veráns de Cine en Sintelobos
  • Xoán-Xil López, ex-integrante de Escoitar.org

Ligazóns ás noticias comentadas na reunión:

Chao, A. (2 de outubro do 2010). El Festival del Cine de Ourense apuesta por los nuevos media y la formación del público crítico. Recuperado o 27 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/10/02/festival-cine-ourense-apuesta-nuevos-media-formacion-publico-critico/477457.html

Faro de Vigo, s.f. (3 de febreiro do 2017). El audiovisual gallego se lanza al mercado exterior. Recuperado o 27 de marzo do 2019 de: https://www.farodevigo.es/sociedad/2017/02/03/audiovisual-gallego-lanza-mercado-exterior/1616515.html

Look, s.f. (4 de abril do 2019). HBO: Jesús Gil será el protagonista de una serie en HBO. Recuperado o 27 e marzo do 2019 de: https://look.okdiario.com/actualidad/jesus-gil-serie-hbo-660315

Oliveira, V. (Sen data). Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son. Recuperado o 26 de marzo do 2019 de: http://sorolls.org/docs/noticiacast_26_09_09.htm

6 comentarios en “Comunicación superficial

  1. GESTO ROMERO

    Paréceme moi interesante esta cuestión das influencias políticas sobre os medios audiovisuais pola forma en que se poden achar as diversas diferenzas entre medios no modo en que seleccionan as noticias ou fan un distinto trato delas. Obviamente, creo que é evidente que estou de acordo co tratamento do que falan os integrantes do círculo, así como da clara influencia do ente político no mundo da comunicación.

    Non obstante, se debe reflexionar tamén sobre o valor público de ambos mundos -tanto político como comunicativo- posto que nese factor e onde moitas veces se determina o que é de interese social ou o que non o é. Tocqueville e outros autores etiquetaron nos seus días á opinión pública coma ‘unha forza pouco común’ cuxo instrumento é a prensa. A prensa, neste caso, aló dos intereses políticos, está subordinada ao poder da opinión e o interese do cidadán. Se ben é certo que a opinión pública é alterada tamén polo funcionamiento da prensa -ao ser o seu órgano-, a influencia política non chega moitas veces a determinar toda a tirada dun xornal pola forza da opinión per se.

    Tamén é certo que existen uns códigos para determinar e comparar a relevancia dun feito noticiable con respecto a outros, pero todo o que cae no concepto de viralidade ao final é tratado por todos o medios, xa sexa polo incentivo económico ou polo poder desta ‘opinión común’. Un claro exemplo delo son as redes sociais, que ao ser habitados por usuarios -poñamos que críticos e non politizados- poden atopar aquilo de maior interese público ás primeiras de cambio. Grazas aos mecanismos de difusión -likes, retweets, etc- e á internacionalidade destes mundos as opinións e os conceptos comúns máis globais chegan a todo o mundo, independentemente dos intereses que teña o usuario individual. De feito, moitos dos temas que se tratan na prensa derivan ás veces da viralidade nas redes sociais. Coma exemplo disto pódese falar do hilo de Manuel Bartual en Twitter ou das novas en medios xeneralistas sobre Fortnite.

    Como conclusión e como resumo disto queda dicir que se ben é certo que os medios viven da inversión económica de grupos empresariais con diversas ideoloxías política tamén hai que pensar que se os medios son lidos e porque respectan todo aquilo que pertence á opinión pública e de interese para o cidadán, xa que isto é o que finalmente vende e o que vai reclamar o lector obxectivo.

    Ligazóns:

    BOUZA, Fermín. (1998) La influencia política en los medios de comunicación: mitos y certezas del nuevo mundo. El debate de la comunicación, UCM. Recuperado de: https://www.ucm.es/data/cont/docs/471-2013-11-05-influempo2.pdf

    FERNÁNDEZ, Imma. (13 de mayo del 2018) Padres y expertos libran una batalla contra el videojuego ‘Fortnite’. El Periódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20180513/padres-expertos-contra-adiccion-videojuego-fortnite-6803171

    Agencia EFE. Manuel Bartual: La historia que conté en Twitter me ha cambiado la vida. (7 de junio del 2018). eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/cultura/Manuel-Bartual-historia-Twitter-cambiado_0_779723144.html

    MEDINA, Miguel Ángel. ¿Cómo se consigue la ‘viralidad’ en Internet? (6 de marzo de 2014). El País. Recuperado de: https://elpais.com/tecnologia/2014/03/06/actualidad/1394119525_259981.html

    Gústame

    1. MORCILLO NINE

      O audiovisual participativo pretende dar voz e visibilidade na sociedade a colectivos ou problemáticas que non teñen a suficiente. Na maioría das veces as ideas que promoven estes colectivos teñen un carácter crítico ou non tratan temas convencionais e cómodos para o Goberno e a Administración.

      Estou de acordo contigo en que a inversión económica e as ideoloxías políticas non teñen o poder exclusivo nos proxectos que se difunden e a opinión pública e o funcionamento do modelo de difusión e feedback nas redes sociais ten tamén unha importancia crucial. Non obstante, non se pode negar que os proxectos audiovisuais que se difunden, sobre todo os de carácter participativo, adoitan ser de temáticas cómodas para a Administración, evitando outros temas máis polémicos, probablemente da mesma calidade e importancia e interese social, ou incluso máis. Un bo exemplo podería ser o que destacaba Horacio Rodríguez no proxecto de Escoitar.org, no que un audio sobre un carro tiña moita máis repercusión que aqueles que facían referencia aos incendios dos bosques galegos.

      Podemos comprobar facilmente que as axudas e as facilidades de difusión que se ofrecen dende a Xunta ou o AGADIC diríxense a aspectos tradicionais, territoriais ou de promoción do territorio galego na maioría dos casos, como poden ser o idioma, as paisaxes, as costumes, o camiño de Santiago, etc. Pero en Galicia trátanse numerosos temas que poderían despertar a curiosidade e o interese dos cidadáns, como a problemática dos incendios, o medio ambiente, a pobreza, a xuventude… Aspectos que merecen tamén un espazo accesible e de importancia nos medios de comunicación, nas súas distintas modalidades e co tratamento adecuado que merecen.

      Ligazóns:
      El audiovisual gallego se promociona en el European Film Market, en Berlín. (2019, 12 febreiro) Economía en Galicia. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: https://www.economiaengalicia.com/articulo/eventos/audiovisual-gallego-promociona-european-film-market-berlin/20190212181211009657.html

      Fontela, Lara (2018, 3 abril). La AGADIC convoca ayudas para difundir el cine gallego en festivales de prestigio nacional e internacional. Compostela 24 horas. Recuperado o 23 de abril de 2019 de:
      https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1044132/agadic-convoca-ayudas-difundir-cine-gallego-festivales-prestigio-nacional-e-internacional

      La Xunta financiará un producto audiovisual para impulsar los valores de los caminos de Santiago. (2018, 28 xuño). Clúster Turismo de Galicia. Recuperado o 23 de abril de 2019 de: http://clusterturismogalicia.com/la-xunta-financiara-un-producto-audiovisual-para-impulsar-los-valores-de-los-caminos-de-santiago/

      Gústame

      1. GESTO ROMERO

        Concordo co feito de que moitas veces as grandes esferas rehúsan a tratar temas controversiales nos seus medios de carácter audiovisual, mais o certo é que tamén é comprensible a exclusión de certos temas de amplitude rexional -que teñen unha relevancia social- nun medio que focaliza as súas novas cara públicos máis globais.

        Ademáis, os medios de ámbito rexional seleccionan moi ben a información que presentan e establecen sempre prioridade sobre o contido local fronte o de fóra, independentemente da índole que sexa. Así se explica a sostenibilidade de proxectos coma a RTVG e todos os periódicos de carácter rexional -que aínda están fóra deste campo concreto non deixan de formar parte do mundo da comunicación-. Se nos movemos ao caso concreto da prensa puramente social veremos que moitas veces o problema da selección da información é que malia a que fagan un gran cubrimento de causas de tipo social e consigan ser unha empresa estable, o diñeiro que reúnen vai para o bolsillo dos beneficiarios e non se destina a ningunha destas causas, facendo desta labor xornalística algo completamente deshumanizado. Esta prensa social, coma dixo no seu momento Naiara Galarraga no País, pasa a ser unha especie de ‘marketing social’.

        Neste caso concreto, alén dos límites que se poñan á temática ou a corrente do medio, o conflito xurde da pouca estabilidade que este tipo de prensa outorga aos seus membros, así coma ao seu principal inversor. Puidendo ser máis ou menos sostible, os beneficios que se obteñen da prensa de carácter social non serven para que o traballador deles -normalmente cunha economía precaria- poida ter un salario que o manteña nunha situación de benestar. E con todo isto, aínda así sitúanse lonxanos ao éxito da prensa xeralista, xa sexa de tipo local ou de tipo nacional e internacional.

        Ligazóns:

        SIMON, Felix. El futuro de las noticias locales. European Journalism Observatory. Recuperado o 25 de abril de 2019 de: https://es.ejo-online.eu/propiedad-y-concentracion-de-los-medios/business-models/el-futuro-de-las-noticias-locales

        GALARRAGA CORTÁZAR, Naiara (15 de decembro de 2002). “La prensa social es eficaz para integrar, pero se ha usado mal”. El País. Recuperado o 25 de abril de 2019 de: https://elpais.com/diario/2002/12/15/paisvasco/1039984817_850215.html

        Gústame

        1. MORCILLO NINE

          Considero que é moi importante ter en conta á hora da difusión iso que mencionas sobre a prensa local, nacional ou internacional xa que ten unha relación directa co primeiro dos factores que temos que definir no momento de difundir un proxecto, o público ao que vai dirixido.

          O audiovisual galego pretende cada vez máis ampliar as súas fronteiras e apuntar cada vez máis alto de cara ao recoñecemento internacional, tomando este paso necesariamente como un crecemento, pero non ten porque ser así. Se os produtos máis enfocados ao local non teñen razón de ser no ámbito internacional, non é unha boa ferramenta nin unha boa inversión. Os proxectos galegos chegaron a grandes festivais como o de Cannes ou o de Clermont-Ferrand con axuda de subvencións da Xunta o de o AGADIC. Pero aínda así, doce festivais de cine galegos viron a necesidade no seu momento de crear Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cine, para difundir e poñer en valor os proxectos audiovisuais.

          Por outra banda, mencionas tamén as dificultades que ten un traballador sobre temáticas sociais para obter beneficios económicos do seu traballo e penso que isto está moi ligado ao mesmo problema que teñen os artistas ou a cultura en xeral, tradicionalmente non se ve como un produto cun valor e un prezo real, polo que quizáis o verdadeiro problema de todo isto encóntrase na mentalidade en xeral da sociedade respecto a esta cuestión.

          Ligazóns:

          Films from Galicia aterriza en el mercado MIPTV de Cannes para difundir nuestro audiovisual. (2019, 4 xuño) Cultura de Galicia. Recuperado o 24 de abril de 2019 de:
          https://www.cultura.gal/es/nova/52502/films-from-galicia-aterriza-en-el-mercado-miptv-de-cannes-para-difundir-nuestro-audiovisual

          García, Montse (2018, 19 decembro). Doce festivales de cine gallegos crean Proxecta para impulsar el sector. La Voz de Galicia. Recuperado o 24 de abril de 2019 de:
          https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/12/19/doce-festivales-cine-gallegos-crean-proxecta-impulsar-sector/0003_201812H19P36993.htm

          Shorts from Galicia 2018 inicia su difusión internacional en el Festival de Clermont-Ferrand. (2018, 5 febreiro) Cultura de Galicia. Recuperado o 24 de abril de 2019 de:
          https://www.cultura.gal/es/nova/41002/shorts-from-galicia-2018-inicia-su-difusion-internacional-en-el-festival-de-clermont-ferrand-

          Gústame

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.